I.E.S.
EUSEBIO DA GUARDA


Dirección: Praza Pontevedra, Número 20, 15003 A Coruqa
981 223 479
981 223 513
981 227 611
E-mail: ieseguarda@edu.aytolacoruna.es


LINKS

GOOGLE

YAHOO

Concello




 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 






























HOLA, BENVIDOS A ISTE SITIO WEB
PARA O XORNAL DO EUSEBIO DA GUARDA

NOVIDADES

A NOSA PÁXINA WEB TEN UN ENLACE NA PÁXINA DE CULTURA DO CONCELLO DA CORUÑA, SEICA O FACEMOS BEN...

MIRÁDEO VOS MESMOS

AQUí


Entrevista a:

O NOSO SITIO WEB ESTÁ XA ACABADO, E CONTAMOS NA PÁXINA CON MAIS DE 42 TRABALLOS DE CONTIDO DIVERSO, ESCRITOS POLOS NOSOS COLABORADORES, E PODE SER QUE MOITA XENTE NOS CRITIQUE, PERO CREMOS QUE ESTE ÉO MELLOR XEITO DE ESTRUTURA-LOS CONTIDOS, PO SUPOSTO, ACEPTAMOS SUXERENCIAS...(NO CORREO DO INSTITUTO, TEDES UN ENLACE MAIS ABAIXO)


UN PROXECTO COMZN QUE A TODOS NÓS NOS TEN INTERESADOS IMPORTANTEMENTE, E AO MESMO TEMPO NOS MANTIN ENTRETIDOS.


O PRIMEIRO QUE TEMOS QUE DICIR É QUE O EUSEBIO DA GUARDA É UN ANTIGO INSTITUTO DA CINTRICA PRAZA DE PONTEVEDRA CORUQESA, ONDE SE ESTAN A DESENVOLVER NUMEROSAS CLASES AO DMA
E TODO ISO CONLEVA A TER MOITAS COUSAS, XA SEXAN INTERNAS OU EXTERNAS, SOBRE O CENTRO E A SÚA VIDA DIARIA. UN CENTRO QUE CONTA CON MAIS DE 1500 ALUMNOS E OS CONSEGUINTES MESTRES...


ANTES DE NADA, PASÁDEVOS A VER ESTE TRABALLO, DO CONCURSO LITERARIO "RITA SUÁREZ AMADO"

PARA VER OS TRABALLOS NECESITAREDES O ADOBE READER, XA QUE ESTÁN EN PDF, PODEDES DESCARGALO AQUÍ:

VOU EXPLICAR AQUÍ CÓMO NAVEGAR POLA WEB... MOITOS SE TERAN IMAXINADO QUE ISTA É UNHA WEB DE APARIENCIA EXTRAÑA PARA O CONTIDO QUE SUPOSTAMENTE TEN, É VERDADE,


OS CONTIDOS ESTAN ESTRUTURADOS EN SECCIÓNS, E EN CADA SECCIÓN (PÓDESE ACCEDER A CADA SECCIÓN DENDE A BARRA DE NAVEGACIÓN DE ARRIBA) ESTAN OS TRABALLOS (CUNHA TABOA PARA ACCEDER RAPIDAMENTE ARRIBA).

PODEDES NAVEGAR POLA SECCIÓN (AS SECCIÓNS SON MOI SIMPLES, E TEÑEN O CONTIDO NECESARIO

UNHA VEZ VISTO O TRABALLO (CADA UN TEN UN RESUMO AO LADO), DADESLLE A DESCARGAR, ABAIXO Á ESQUERDA. LOGO PODÉDELO VER NO ACROBAT.



PARA COLABORAR CO NOSO XORNAL HAI DIVERSOS XEITOS
O MAIS IMPORTANTE É O DO CORREO DO XORNAL


(Preme aquÍ para mandar un correo)


A HISTORIA:

POIS TODO ISTO EMPEZOU CANDO O NOSO MESTRE DE CIENCIAS SOCIAIS NOS PROPUXO, A CLASE DE 4C QUE PODIAMOS REALIZAR COLABORACIÓNS CO XORNAL DO NOSO INSTITUTO, E DENDE ALÍ TIVEN A IDEA DE PODER COLABORAR CO PROXECTO FACENDO O QUE SEI FACER...[JE JE] E REALIZAR UNHA PAXINA WEB PARA AMOSAR OS DIVERSOS CONTIDOS DESTE, POR AGORA A ESTOU DESEÑANDO EU; Pablo Aleixandre Díaz Brage, PERO NON DESCARTO XENTE QUE ME AXUDE PRONTO.


EDITORIAL:

Un grupo de alumnos e profesores intentamos darlle continuidade á tradición periodística do IES Eusebio da Guarda a través do xornal NÓS.

Non é un labor fácil xa que realizar unha actividade deste tipo require moito entusiasmo e nós, xoves estudantes deste instituto, témolo a eito. Sempre estamos dispostos a arrimar o ombro para realizar as tarefas máis diversas, conseguir a mellor das informacións, poñer a crítica sobre o que consideramos inxusto, discutimos a importancia dos acontecementos e buscamos na comunicación un medio para transmitirmos aos demais o que levamos dentro. E falamos de nós, que somos un grupo reducido pertencente á redacción do periódico, pero son moitos os que pensan da mesma maneira e algúns demostrannolo coas suás colaboracións. Os demais non se atreven a mostrar públicamente e menos por escrito as súas ideas porque teñen medo ás represalias, ás burlas, ao ridículo; gardan nos seus adentros tódalas frustracións e non utilizan esta válvula de escape para liberarse de tantos sinsabores. Non queremos poñernos tráxicos, pero nesta convivencia de tódolos días, codo con codo durante tantas horas, só algúns nos coñecemos e o resto non significa máis ca unha relación de números aos que sempre se lles está xulgando en función do aprobado ou do suspenso.

Non negamos que o aproveitamento escolar é moi importante para a nosa formación, pero non todos alcanzamos o mesmo rendemento aínda que nolo propoñamos, polo que algo haberá en nós que poida ser valorado positivamente. É a nosa voz a que desde este periódico proclamamos e facémolo con toda a liberdade, conseguida a través do diálogo e do mutuo acordo. Ninguén tivo que ceder nas súas ideas, ninguén se sentiu protagonista e queremos facer partícipes desta tarefa a todos aqueles que o desexen.

!! ESPERAMOS POR VÓS !!


Un grupo de alumnos do I:E:S: EUSEBIO DA GUARDA decidiu darlle vida ao periódico NÓS. Sabemos que é unha tarefa difícil xa que poñer en camiño unha actividade semellante require moito entusiasmo e nós,xoves estudantes, témolo a eito. Sempre estaremos dispostos a arrimar o ombro para conseguir as mellores informacións, poñer a crítica sobre o que consideramos inxusto, discutiremos a importancia dos acontecementos e buscaremos na comunicación un medio para transmitirmos aos demais o que levamos dentro.