Páxina principal
  Que é a AELG?
  Como asociarse?
  Actividades
  Informacións varias
  Ligazóns
  Contacto

 

 

 
 

2004

  3 de outubro
    Homenaxe a Luísa Villalta. "O outro lado da música: a palabra"
     
 

Trátase de render unha sentida homenaxe póstuma á escritora coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), recentemente falecida en circunstancias tráxicas e inesperadas; esta escritora constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario; a súa obra abarca todos os xéneros: poesía, teatro, novela e ensaio literario, sempre dende unha perspectiva renovadora e orixinal. Ademais, formou parte da propia Xunta Directiva da AELG.

O acto de homenaxe celebrarase no Teatro "Rosalía de Castro", cidade da Coruña, e constará de tres partes diferenciadas:

-Un espectáculo dirixido por Lino Braxe sobre textos de Luísa Villalta e titulado Música Desvelada.

-Lectura pública por parte de un amplio colectivo de escritores, concedendo especial protagonismo aos do ámbito xeográfico coruñés e aos amigos de Luísa Villalta; espérase a intervención de 20 autores/as relacionados coa AELG, que recitarán textos da propia Luísa Villalta ou ben textos creados para a ocasión.

-Dada a vinculación da escritora ao mundo da música, integrarase na homenaxe a actuación do cuarteto de cordas "Solistas de Galicia".

-Por último, estrearase unha breve peza teatral de Luísa Villalta, obra aínda inédita, representada polo grupo de teatro dirixido polo tamén escritor coruñés Lino Braxe.

 
[volver ao índice de actividades]   [arriba]
 
Páxina principal | Que é a AELG? | Como asociarse? | Actividades
Informacións varias | Ligazóns | Contacto