| Establecido como asignatura optativa en varios países, o xadrez axuda ao incremento de diversas capacidades cognitivas relacionadas coa concentración, imaxinación, previsión, memoria, vontade, creatividade, intuición e cálculo. Considerado deporte en máis de 150 paises e polo Comité Olimpico Internacional desde 1999, a UNESCO recomenda promover a súa práctica e docencia nas escolas e institucións educativas do mundo. O Club Xadrez Algalia creouse no ano 1989 co ánimo de participar nas competicións deportivas federadas autonómicas. Co tempo extendeu a súa actividade ó campo divulgativo e creou a Escola de Xadrez Algalia, que imparte clase en distintos colexios e centros socioculturais de Santiago de Compostela. Na Escola de Xadrez Algalia queremos que os alumnos aprendan a xogar ó xadrez correctamente nun entorno de sociabilidade e así reforzar os seus beneficios: plantexar hipóteses, planificar os actos, adquirir hábitos de persistencia e vontade, consolidar a atención e a concentración, exercitar a memoria, aprender a fundamentar a acción e a manexar os procesos de imaxinación, fantasía e cratividade. |
|---|
| XADREZ PARA NENOS E ADULTOS | ||
|---|---|---|
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
