A ESTRELA DESCOÑECIDA (Manuel Antonio, De catro a catro)
13º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, vén agora a estrela.
Diálogo coa estrela que é testemuña apenada dos naufraxios no mar (noutros poemas aparecía o mariñeiro descoñecido, agora a estrela descoñecida). Ambiente nocturno.
......Eu vinte decote acobadada acobadada continuamente apoiada nos cóbados. Suxeito eu e ti aplelativo (como no 2º poema cando se dirixía á fragata vella)
naquela fiestra parodia do típico da muller apoiada na fiestra
........................-tan a trasmán! a trasmán: descolocada, fóra de lugar
......que penduraches dunha constelación en Intencións o pailebote penduraba dos puntos cardinais, en Navy Bar penduraban os atlas das horas
Imaxe vangardista moi plástica: a estrela asomada na fiestra do ceo, apoiada nos cóbados e colgando dunha constelación
O horizonte arrincaba cada día outra vez a referencia ao horizonte, a paisaxe mariña
......para ti o paso do tempo
......a folla de almanaque dunha vela almanaque de follas brancas como as velas. De novo as follas/velas do almanaque par o paro o avance temporal
Pero nunca se enmallou enmallarse: enredarse
na falsa rede dos mapas celestes as estrelas e constelacións
a túa loura virxindade non te deixaches enganar. A cor loura repítese nos poemas deste libro para as estrelas e a feminidade
..................Cómplice a noite ambiente nocturno, sen luz onde reina a estrela
..................engaiolaba o sextante dos mariños engaiolaba: enganaba, seducía ; sextante: instrumento para determinar a posición mediante a medición de ángulos
..................inxenuas perversións catalogadas inxenuas xa mitiga perversións e catalogadas, coñecidas, sempre sen que haxa novidade, ilusión
......Viúva reiterada de tódolos vinte anos a estrela como viúva, compañeira que prepara os funerais. Personificación da estrela
que os mariñeiros repiten a morte sempre igual, repetida
cada volta que afogan nos naufraxios repetidos
......Endexamais souberon os cadáveres sen rumbo os cadáveres perdidos
que ti os amortallabas co teu ollar a túa luz, acompañábaos e preparábaos para a sepultura
Emproáramos a meia noite coller dirección, dirixir un barco ancorado proa ao vento, neste caso cara á noite. Agora o suxeito poético nós maioritario no libro
......A sotavento da nosa singradura sotavento: lado contrario a onde sopra o vento; singradura: a travesía
vai decote unha nube desarbolada vai sempre unha nube; desarbolado: cos paos e vergas desarmados, arrombados, coma se fose un barco
......Coa súa esponxa de sombra
......borrou para sempre o teu mudo perfil a nube escureceu a estrela. De novo personalizada: mudo perfil. Para sempre: irremediable
......A alba nova sorprendeume chega o novo día, a alba
......cacheando entre os luceiros procurando entre as luces dos astros
unha despedida que se me perdeu. o adeus, a despedida continua nos poemas do libro
Trazos da poética máis tradicional: |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
A ESTRELA DESCONECIDA ......Eu vin-te decote acobadada O horizonte arrincaba cada día Pero nunca s'enmallou ......Viuva reiterada de todol-os vinte anos Emproáramos a meia noite ......A alba nova sorprendeu-me |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010