NAVY BAR (Manuel Antonio, De catro a catro) anglicismo para o típico bar de ambiente mariñeiro que abundaba nos peiraos: calquera bar de calquera porto
9º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, vén agora o bar mariñeiro.
...Este bar ten balances tempo presente
...E tamén está listo
para se facer á vela facerse á vela: partir
Identifica o bar co barco: como el ten balanceos. O poeta está listo para partir dentro del.
...Enchéronnos o vaso
con toda a auga do Mar sempre en maiúscula o Mar
para compor un cock-tail de horizontes cock-tail: bebida preparada mesturando varios licores
Despois de identificar bar-barco, agora o licor que bebemos é como a auga do mar, repetido e de moitos sitios. Monotonía.
...Pendurados das horas colgados das hora, parados
...atlas xeográficos de esperantos esperanto
están sen tradución usando linguas descoñecidas (os mariñeiros)
...E tatexan as pipas tatexar: falar entrecortadamente. Personificación das pipas
co ademán políglota das bandeiras ademán: aceno; políglota: que fala varias linguas. Só se entenden por acenos, xestos
O tempo está parado, non pasa. Non entendemos nin coñecemos aos estranxeiros que están ao noso lado
...Ese cantar improvisado
....................................é o mesmo repetición continua de mesmo: monotonía
que xa se improvisou nalgures logo non é improvisado, é repetido, sempre igual, xa escoitado noutros bares. Novo paradoxo, se é improvisado non pode ser sempre repetido.
Tampouco as cantigas do bar aportan nada novo
...Quen chegou avisándonos interrogación retórica
desa cita nocturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas? encrucillada: cruce de camiños
Cita nocturna, mais sen estrelas que nos guíen nin vento: desorientados, perdidos, sen rumbo. Segue o illamento
...Aquí bebe de incógnito
O Mariñeiro Descoñecido en maiúsculas o mariñeiro perdido, descoñecido (agora con maiúscula o Mariñeiro Descoñecido, xa citado no poema anterior, paródico do Soldado Descoñecido. O mariñeiro descoñecido bebe de incógnito, redundáncia irónica?
-sen xeografía nin literatura- non lle coñecemos a terra nin os sentimentos
...A noite dos naufraxios outra vez noite asociada a naufraxio
...co seu brazo salvavidas
...aferrará connosco unha vela de chuvascos aferrará: amarrará
Mariñeiros descoñecidos e sos. A noite como un salvavidas tentará salvar do naufraxio
...O vaso derradeiro derradeiro: último pero repetido
estaba cheo de despedidas tempo pasado
O último vaso que tomemos será un adeus, unha despedida, unha evasión
...Polas rúas dispersas polas rúas perdidas do porto mariñeiro
iámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
O interior de cada un é como a alta mar, un lugar inmenso e invadido pola soidade, un lugar afastado de todo no que canto máis se adentra máis só se sente.
...No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar. agora bar está escrito con maiúscula porque non só se identifica co barco (naufraga), tamén co poeta que naufraga ou fracasa. O repouso do vaso é o símbolo do fracaso do poeta.
Como no poema anterior, o poeta segue en terra e de noite. Acode ao bar mariñeiro en procura de algo novo e non atopa máis que sensacións xa coñecidas e repetidas; polo que se sente aínda máis só. Outro fracaso e unha nova despedida.
Xosé Luís Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo (14-3-08) un interesante artigo sobre este poema
Xosé Ramón Pena ten comparado a poesía de Manuel Antonio, especialmente este poema, co blues. Velaquí un Nave Blue Blues para acompañar a lectura do poema
Trazos da poética máis tradicional: |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
NAVY BAR ...Este bar ten balances ...Encheron-nos o vaso ...Pendurados d'as horas ...Ese cantar improvisado ...Quen chegou avisando-nos ...Eiquí bebe de incónito ...O vaso derradeiro ...Pol-as rúas dispersas ...N'o repouso d'algún vaso |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010