LÉXICO 3

Bernardino Graña

Textos 1

Léxico 2

1.- Definicións: buscar a palabra 2.- Definir unha palabra
3.- Definicións descoidadas 4.- Atmosfera e utensinlios de cociña
5.- Arquitectura, cores, instumentos musicais 6.- Literatura, armas, pintura
7.- Xentilicios 8.- Indicar o pai e a nai

1. A seguir están 50 definicións que seguen o Dicionário da Língua Galega coordenado por Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena). Trátase de encontrar a palabra correspondente a cada definición. Por se xorden dificultades vai logo unha lista de palabras ordenadas alfabeticamente e que se corresponden coas 50 definicións

  1. Terreo cercado que acostuman ter as igrexas en fronte ou arredor.
  2. Embaixador do Papa xunto dun goberno estranxeiro.
  3. O conxunto das abellas dunha colmea.
  4. Festa anual dos cristiáns que conmemora a Resurrección de Cristo.
  5. Esfera oca de metal que ten dentro dúas ou máis boliñas que, ao axitárense, producen son (lévanas cans e gatos).
  6. Especie de asento que se coloca sobre o cabalo para maior comodidade do xinete.
  7. Aquilo que inventou Gutemberg na Alemaña en 1441.
  8. Arte de adiviñar o futuro examinando as liñas da palma da man.
  9. Dispositivo para amortecer as oscilacións dos resortes de suspensión dun vehículo e que pode ser de fricción ou hidráulico.
  10. Unidade eléctrica equivalente a 1000 vatios.
  11. Aquel que ten unha soa esposa ou muller.
  12. Vicio de comer e beber en exceso.
  13. Lado da embarcación de onde sopra o vento.
  14. Aquilo que se paga par redimir unha persoa secuestrada.
  15. A muller que monta a cabalo.
  16. Composición poética e de asunto triste, que lamenta a morte dunha persoa.
  17. Primeira comida do día despois de se erguer, sen contar a parva ou copiña de augardente.
  18. Utensilio para soprar o lume ou para introducir o aire nos canos do órgano (na gaita do país é de coiro).
  19. Ciencia que trata da natureza e síntomas das doenzas.
  20. Mamífero mariño, cetáceo, o maior dos animais que coñecemos.
  21. Axudante de avogado.
  22. Bebida refrescante e con gas, sen alcohol, preparada con anhídrido carbónico, de moi baixo prezo.
  23. Calquera tecido que se fabrica con liño.
  24. Estado mórbido de tristeza causado pola idea de doenzas imaxinarias.
  25. Aquel que se dedica ao comercio de antigüidades.
  26. Acto polo cal un pobo ou estado decide por sufraxio universal e directo o seu destino político sen coacción ou intervención externa.
  27. Soberano dun imperio.
  28. Que nace co individuo, conxénito.
  29. Sinal feito coa cabeza, mans, ollos ou obxectos para darmos a entender o que queremos.
  30. Horror ou temor á auga (tamén designa a rabia).
  31. Quentar unha substancia ata unha temperatura moi alta necesaria para destruír os xermes, como se fai a miúdo co leite.
  32. Prenda con abas para cubrir a cabeza.
  33. Amor excesivo e mórbido á propia persoa, especialmente no aspecto físico.
  34. Campo ou espazo destinado ao pouso ou partida de helicópteros.
  35. Número necesario de votantes para que unha asemblea poida tomar un acordo válido.
  36. A parte central, máis dura, rexa e escura do toro das árbores.
  37. Instrumento dereito, longo e estreito utilizado para trazar rectas.
  38. Arte de recoñecer o carácter dunha persoa a partir do exame da súa letra ou escrita.
  39. Aquel que ten cincuenta anos.
  40. Asociación formada por membros dun mesmo oficio ou profesión para defender os intereses propios (moi abundante entre pescadores).
  41. Ciencia que trata das moedas ou medallas.
  42. Acendedor automático de cigarros, cociñas, etc..
  43. Espazo de terra rodeado de auga por todas as partes.
  44. Porco moi novo que se alimenta de leite.
  45. Envoltura de certas sementes leguminosas como os chícharos; ou tamén, envoltura de coiro ou metal onde se garda a espada.
  46. Mesturar os naipes ou cartas.
  47. Resplandor moi vivo e súbito causado por unha descarga eléctrica nunha treboada.
  48. Compilación, antoloxía de anacos literarios de calidade.
  49. Inflamación no pescozo producida polas glándulas salivares.
  50. Corrente de auga pouco voluminosa, río pequeno.

Aceno, adro, almorzo, amazona, amortecedor, anticuario, autodeterminación, axóuxere, balea, barallar, barlovento, cerna, chapeu, chisqueiro, confraría, elexía, enxame, escolma, fol, gasosa, grafoloxía, gula, heliporto, hidrofobia, hipocondría, illa, emperador, imprenta, innato, leitón, lenzo, lóstrego, monógamo, narcisismo, numismática, nuncio, orellóns, pasante, Pascua, pasteurizar, patoloxía, quilovatio, quincuaxenario, quiromancia, quórum, regato, regra, rescate, sela, vaíña.

Corrección

2.- Definir como un dicionario

Agora procurarase definir de xeito semellante ás anteriores esta lista de palabras. Logo convén consultar un dicionario
  • acoirazado
  • albanel
  • anteface
  • aterraxe
  • beberaxe
  • bordel
  • cranio
  • crocodilo
  • desvantaxe
  • detrito
  • efeméride
  • eiruga
  • entupir
  • impo
  • macela
  • prognosticar
  • recruta
  • telefonar
  • tifo
  • xeada
  •  
Corrección

3.- Definicións descoidadas, dun primeiro aprendiz de dicionarista. Hai que descubrir a que vocábulo corresponde cada unha

  1. Aquilo que pomos nas mans para non ter frío, para protexelas.
  2. O que teñen os coches para facelos parar (de pé e de man).
  3. Aquela consellaría ou ministerio encargado dos impostos.
  4. Conxunto de preguntas destinado a saber como pensa a opinión pública sobre certo tema; hai moitas en época electoral.
  5. Punto cardinal por onde sae o sol.
  6. Camas postas unha enriba doutra de maneira que os de enriba deben ter coidado ao baixaren, non se vaian mancar os de abaixo.
  7. Parece unha persoa mais é un boneco e serve para colocar vestidos, traxes, etc. nos comercios.
  8. Aquel a quen lle gusta moito, moito a música; tamén a clásica.
  9. É como se unha nube fose a rentes do chan e hai que acender unhas luces especiais do coche.
  10. Úsano os rillotes (e algún que non o parece) para brincaren e consiste nun aparello que se bota ao aire suxeito cun cordel e logo hai que facelo planear (sen vento non vai nada ben).
  11. Ter proído, picar o corpo.
  12. Aparello que levamos no pulso para sabermos a que hora andamos.
  13. A última parte da tarde, propia para reunións, xuntanzas, fiadeiros.
  14. Chamar polo nome que non lle é propio a alguén, que ás veces lle parece mal.
  15. Así lle chamamos ao día anterior a outro.
  16. Meter diñeiro nun banco, mercar accións para que nos dea un bo rendemento.
  17. Pór os beizos en forma de bucina e soprar, prodúcese un ruído moi común nos partidos do Celta e do Deportivo.
  18. Os ósos da cabeza limpos de carne; se lle metemos dentro unha vela acesa produce ás escuras un efecto arrepiante.
  19. Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra; hai que pór lentes afumadas para velo.
  20. Pequeno vulto que temos no pé onde empeza a perna, hai que andar con xeito para non escordalo.
Corrección

4.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas con fenómenos atmosféricos ou o estado do tempo e corenta nomes de utensilios de cociña. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

  • barómetro
  • abridor
  • friaxe
  • escumadeira
  • chover
  • abridor
  • furacán
  • ballón
  • raio
  • lentura
  • vento
  • forno
  • choiva
  • folerpa
  • ciclón
  • vendaval
  • espremedor
  • chuvasco
  • intemperie
  • xeada
  • mantel
  • frigorífico
  • tixola
  • balanza
  • clima
  • fogaxe
  • nevada
  • arco da vella
  • orballo
  • culler
  • pote
  • ola
  • lavalouza
  • chuviscar
  • arroiar
  • batedeira
  • cafeteira
  • vinagreira
  • fonte
  • coador
  • lóstrego
  • salgadoiro
  • garfo
  • pingas
  • relador
  • trono
  • borrasca
  • coitelo
  • froiteira
  • neboeira
  • travesa
  • temporal
  • sarabia
  • saleiro
  • escampar
  • azucreiro
  • cunca
  • espeto
  • vaixela
  • néboa
  • tempestade
  • cazo
  • muíño
  • trepia
  • gramalleira
  • remuíño
  • copa
  • cazola
  • macheta
  • botella
  • trebón
  • viruxe
  • brétema
  • nube
  • funil
  • vaso
  • prato
  • morteiro
  • nubrar
  • alfa

Corrección

5.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas coa arquitectura, corenta relativas a cores e corenta a instrumentos musicais. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

  • tabaco
  • tuba
  • pazo
  • louro
  • cárdeo
  • timbal
  • saxofón
  • arpa
  • bóveda
  • dourado
  • nave
  • piar
  • cunchas
  • zanfona
  • clavicordio
  • roxo
  • fuste
  • violonchelo
  • ciborio
  • guitarra
  • gaita
  • ábaco
  • cereixa
  • arco
  • negro
  • muro
  • plano
  • pandeireta
  • perpiaño
  • amarelo
  • harmónica
  • beixe
  • viola
  • estría
  • pito
  • branco
  • balneario
  • trompeta
  • caqui
  • capitel
  • carmín
  • tambor
  • cobreado
  • acordeón
  • crema
  • arcada
  • alaranxado
  • palla
  • fachada
  • purpúreo
  • rosado
  • atabal
  • sangue
  • órgano
  • rubio
  • pedestal
  • cúpula
  • lira
  • torre
  • violín
  • batería
  • verde
  • cruceiro
  • contrabaixo
  • igrexa
  • frauta
  • castaño
  • pratos
  • laúde
  • piano
  • cornixa
  • oxiva
  • charamela
  • peralte
  • cincento
  • chocolate
  • rosa
  • gris
  • arcobotante
  • limiar
  • pilastra
  • lila
  • rabel
  • anil
  • colariño
  • azafrán
  • salterio
  • imposta
  • azul
  • perístilo
  • arquivolta
  • encarnado
  • columna
  • corneta
  • granate
  • cambota
  • harmonio
  • tamboril
  • frontón
  • pandeiro
  • bucina
  • acanto
  • moreno
  • clarinete
  • morado
  • montante
  • berimbao
  • sordina
  • frontispicio
  • terroso
  • trompa
  • violeta
  • voluta
  • ocre
  • clarín
  • vermello
  • pórtico
  • mate
  • portada
  • escarlata
Corrección

6.- Nestas columnas hai corenta palabras relacionadas coa literatura, corenta relativas a armas e corenta á pintura. Indicar a que campo pertence cada unha e buscar no dicionario as que non se coñezan

  • mísil
  • cadro
  • ensaio
  • fábula
  • bésta
  • dardo
  • díptico
  • gradación
  • frecha
  • poesía
  • estampa
  • chuzo
  • prosa
  • seta
  • lámina
  • lenzo
  • sátira
  • teatro
  • venabre
  • épica
  • pareado
  • miniatura
  • drama
  • espingarda
  • baioneta
  • novela
  • acuarela
  • navalla
  • sabre
  • episodio
  • escudo
  • calcomanía
  • fresco
  • mina
  • fabulista
  • cronista
  • pastel
  • tanque
  • pincel
  • brocha
  • canón
  • ton
  • escritor
  • morteiro
  • lanzagranadas
  • polígrafo
  • modelo
  • arcabuz
  • posar
  • poeta
  • cera
  • apóstrofe
  • repintar
  • mosquetón
  • pintar
  • esbozar
  • limiar
  • xaspear
  • conto
  • pistola
  • libro
  • revólver
  • hipérbole
  • manchar
  • perífrase
  • retocar
  • rifle
  • pau
  • matizar
  • poema
  • garrote
  • óleo
  • onomatopea
  • panel
  • interrogación
  • pleonasmo
  • cor
  • coitelo
  • retablo
  • daga
  • lírica
  • argumento
  • tapiz
  • espada
  • estilete
  • deseño
  • florete
  • bosquexo
  • diálogo
  • machada
  • biblioteca
  • prosista
  • paleta
  • pinacoteca
  • rexurdimento
  • museo
  • carabina
  • escarnio
  • sombrear
  • verniz
  • escopeta
  • metáfora
  • libraría
  • díptico
  • fusil
  • tiracroios
  • lanzachamas
  • asíndeto
  • caricaturista
  • cartolina
  • metralladora
  • dramaturgo
  • novelista
  • metonimia
  • retratista
  • mural
  • polisíndeto
  • coitela
  • pedra
  • estoque
Corrección

7.- Sinalar os xentilicios correspondentes
Por exemplo, Galicia: galego; Angola: angolano

A Baía

A Bretaña

A Coruña

A Estrada

A Habana

A Limia

A Rioxa

A Terra Chá

África do Sur

Alacante

Allariz

Alxeria

América do Sur

Arabia

Arousa

Asia

Atenas

Austria

Ávila

Badaxoz

Baiona

Bergantiños

Betanzos

Boiro

Bos Aires

Braga

Bulgaria

Cádiz

Caldas de Reis

Camariñas

Camba

Cambados

Canadá

Cangas

Carballo

Cartago

Castela

Cataluña

Celanova

Ceuta

Chantada

Chile

China

Chipre

Colombia

Croacia

Cuenca

Dinamarca

Donostia

Ecuador

Eivisa

Elxe

Escocia

Eslovaquia

Estados Unidos

Estremadura

Exipto

Ferrol

Finlandia

Fisterra

Fonsagrada

Foz

Grecia

Guatemala

Guinea

Huelva

Inglaterra

Irán

Irlanda

Israel

Lima

Lisboa

Londres

Lugo

Luxemburgo

Macedonia

Madrid

Mallorca

Marín

Marrocos

Melide

México

Milán

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Moscova

Mozambique

Mugardos

Múnic

Muros

Nicaragua

Noia

Noruega

O Bierzo

O Carballiño

O Porriño

O Porto

Ortigueira

Os Ancares

Osca

Ourense

Oviedo

País de Gales

País Vasco

Panamá

Paquistán

Pequín

Perú

Polo Norte

Pontedeume

Pontevedra

Redondela

Rianxo

Ribadeo

Ribeira

Río de Xaneiro

Roma

Romanía

Rusia

San Paulo

Santiago

Sardeña

Serbia

Suecia

Suíza

Tui

Ucraína

Uganda

Uruguai

Valdeorras

Venezuela

Verín

Viena

Vigo

Vilagarcía

Viveiro

Xapón

Xirona

Xordania

Zambia

Corrección

8.- Indicar o pai e a nai de cada un

bacoriño

año

becerro

pito

pombiño

cadelo

poldro

perdigón

cabuxo

cágado

lobeto

Corrección
ARTIGO
VERBO 1
FONEMÁTICA
SUBS. E ADXECTIVO
INDEFINIDO
ADVERBIO
DESVÍOS
DEMOSTRATIVO
NUMERAL
PREPOSICIÓN
POSESIVO
RELATIVO
CONXUNCIÓN
TEXTOS 1
EXERCICIOS
DÚBIDAS
TEORÍA
ORTOGRAFÍA
FRASEOLOXÍA

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, 2005-2008