1.-Utilizar nexos copulativos, disxuntivos, adversativos ou ilativos
- ... marchas ... bótote eu.

- Non estaba canso ... un pouco adormentado.

- Teño que traballar hoxe ... non vou á praia.

- Xa volve andar ese martelo dálle ... dálle.

- Dásllo á nai ... ao fillo, ao que estea na casa.

- Come o pan ... deixa o compango!

- Non quixeron queixo ... manteiga.

- Non me gustaba ... tiven que o comer.

- Non foron en tren, ... foron en autocar.

- Tes que rematar antes das seis e case as son, ... xa podes comezar a traballar.

|
2.-Utilizar nexos completivos ou condicionais
- ... pos ese pixama vas ter calor.

- Iría convosco ...me deixasen.

- ... chegue tarde, non o deixo pasar.

- Preguntoume ... quería ir con el de acampada.

- ... non vires ti, mándamo por correo.

- Seica coidas ... eu non me decato, ... son parvo.

- Díxome ... me regalaba o can ... o trataba ben.

- ... o deixes fóra decote, vaiche coller ferruxe.

- ... me tivese avisado, non pasaría o que pasou.

- Propuxo ... se levantase a sesión ... non chegarmos a un acordo.

|
3.-Utilizar nexos causais ou concesivos
- Leva o paraugas ... vai chover.

- ... llo contase, non mo crería.

- ... llo expliquei, non mo entendeu.

- ... se achaba só, casou coa compañeira de traballo.

- Con xanelas dobres, ... haxa ruído, estase tranquilo.

- Igual non podemos pasar, ... andan coas obras do gas e do cabo.

- ... escribas ben a máquina, non vas conseguir ese traballo.

- Abre a porta, ... está aí o repartidor do gas.

- Exiliouse ... non podía aturar a ditadura do seu país.

- ... berre non lle fagas caso, ... é só por chamar a atención.

|
4.-Utilizar nexos comparativos ou consecutivos
- Cala, que sempre foi máis esperto ... ti.

- O Parlamento Galego aprobou menos leis ... tiña previsto o Goberno da Xunta.

- Tes que colocalo ... non se vexa desde fóra.

- Estudou ... acabou medio tolo.

- Hai que dispor as tomadas eléctricas ... o aspirador poida andar por toda a casa.

- Se cadra chegas a ter tantos libros ... min, e unha discoteca ... a miña.

- Púxose ... unha fera ao sabelo.

- Corría ... non había xeito de dalo seguido.

- A ver quen fai o testamento ... todos os herdeiros queden contentos.

- Este ano adiantou moito máis ... pensaba.

|
5.-Utilizar nexos finais ou temporais
- ... non chegan os convidados, vai abrindo as botellas.

- ... lle morreu a sogra, anda feito unha Magdalena.

- ... falares, pensa ben o que vas dicir.

- ... o monte se queima, algo seu se queima.

- Manteña limpa a praia ... todos poidamos aproveitarnos dela.

- Faremos unha auditoría ... coñecermos os males da empresa e aplicarmos as solucións necesarias ... sexa posíbel.

- ... vir a xunto de min, vai lavar a cara, galopín.

- ... te fuches, nin como nin durmo, volve ... me converta nun cadáver.

- ... mo dixo, pensei que era ... darme unha alegría, agora vexo que non.

- Vai alá, ... te vexan as túas tías.

|
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, 2005-2008