1.- Substituír o que vai entre parénteses por unha construción con posesivo
- (falcóns de ti) ... son bos cazadores.

- (camisas del) ... están esfarrapadas.

- (chaquetas de ti) ... son de la.

- (medias de nós) son moi finas.

- Non encontro ... (xerseis de min).

- Aínda non recolleron ... (calzóns deles).

- (saias delas) ... son vermellas.

- Empréstame ... (abrigo de ti).

- Podes pendurar aí ... (chapeu dela).

- Bota na pía de lavar ... (calcetíns de ti).

- (gravata de ti) ... é negra.

- (suxeitadores de vós) ... xa están enxoitos.

- (calzas de nós) ... son de boa calidade.

- Podes pór ... (bata dela).

- (casaca de nós) ... está raxada.

- (mandiletas de vós) ... teñen unhas cores moi sufridas.

- (cinto de ti) ... é de coiro.

- Puxen unha flor ... (en lapela del).

- Son bos cazadores eses ... (furóns de ti).

- Aqueles (compañeiros de ti) ... estiveron por aquí.

- Aqueles rapaces eran ... (amigos delas).

- Onte viñeron ... (avós de min) de Montevideo.

- (tía de ti) ... é millonaria.

- (esposa del) ... está doente desde hai un mes.

- Iso é ... (cousa de ti).

- Foi ... (culpa de ti).

- Sempre vai diante ... (de ti).

- Estaba alí mesmo, por debaixo ... (de nós).

- Non o ves, e iso que está detrás ... (de vós).

|
2.- Completar as frases coas formas do posesivo correspondentes
- ... home (de ti) anda embarcado.... e irmán (de ti) é un furafollas.

- ... sogro (de min) é moi bo home.

- ... nena (de min)! Que má sorte tiveches!

- ... xenro (de ti) mercou dous andares desa casa.

- ... curmán (dela) é afeccionado ao montañismo.

- ... cuñado (de ti) é piloto de helicópteros.

- ... xoia (de min)! Canto lle quero!

- ... madriña (del) é radioafeccionada.

- Eses danse moi ben en ... terra (de nós).

- Esta non é de ...banda (de vós).

- A mosca caeu en ... redes (dela).

- Non lle deas caramelos a ... neto (de min).

- Mañá chega de Marrocos ... sobriño (de nós).

- Xoán Montes puxo moito sentimento en ... obras (del).

- Os celtas non temían ... inimigos (deles).

- ... devanceiros (de ti) eran moi ricos.

- ... barriga (de min) é un pouco grande.

- Os animais gorécense en ... covas (deles).

- Os humanos coidan pouco ... mundo (deles).

- Situáronse fronte ... (del).

- Sentareime xunto ... (de ti).

- Non che é certo, ... amigo... (de min).

- Andaban sempre con cada.... mozo (delas).

- Compráronlles cada... reprodutor de DVD (seu).

- Viñeron en cada... camioneta (súa).

|
3.- Indicar o valor das formas de posesivo que aparecen nestas frases
- Sempre tiven coche de meu.

- Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.

- Xa andan os da clase do lado a facer das súas.

- Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.

- Ese nunca chegará a ter casa de seu.

- O Paulo xa che ten os seus vinte anos.

- Meu queridiño, que mal o pasou!

- Xa tomou as súas píldoras.

- O meu Carliños aínda non vai á escola.

- Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.

- Os meus sempre van no verán á praia.

- Aquel cativo era intelixente de seu.

- Outra vez vén cos seus chistes baratos.

- Temos dúas piscinas de noso.

- E logo, como anda hoxe o noso amigo?

- É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.

- Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.

- Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.

- Non creo que volvan xa ao seu.

- Fronte súa todas as faces sorrían.

|
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, 2005-2008