1.- Indicar os pronomes persoais e a súa función sintáctica
- Quen vos contou onte iso?

- Encontreivos na casa almorzando.

- Nunca volo ensinarei!

- Xa se decidira a iso cando vós chegastes.

- Non mas poñas aí que estorban.

- Ti escribe o que che pareza.

- Déillelas porque non me servían.

- Eles lavábanse sempre usando xabrón do caro.

- Non chas quería nin regaladas.

- Vostede faga o que queira.

- Comigo aprenderás moito; logo, explicarasllo ao teu irmán.

- Se non te convence, únete a nós.

- Xa che llelo emprestei onte.

- Caéuchevos unha pedra grandísima.

- A ela recolleuna seu pai.

- Non lles teñas medo, que non te van comer.

- Vós nunca vos decatades do que pasa.

- Se mos deixas ver, douche un caramelo.

- Fanse moitas cousas ao revés.

- Anda a convencerse a si mesmo.

- Veuno traer onte cando te ías.

- Convosco, nós nunca chegaremos a nada.

- Escapouche o can? Pois déixao ir en paz.

- Moito lle me gusta o caldo de nabizas.

- O mellor será deixalos quedar así.

- Este can non che me come nada.

|
2.- Transformar as seguintes frases utilizando os pronomes de cortesía
- Xa me diredes vós o que teño que facer.

- Non volo quero contar.

- Voucho regalar este ano.

- Ti xa o sabías daquela.

- Púxenchas dentro do armario.

- A ti, María, levareite polo camiño da felicidade.

- A ver, Antón, déixate de andrómenas!

- Non te van incluír na lista de aspirantes.

- Sempre che tiven moito respecto.

- Gardareiche unhas roscas de Ribadavia.

|
3.- Colocar, sempre que sexa posíbel, o pronome se no lugar que lle corresponda
- Nunca ... arrepentiu... e anos despois ... marchou... de alí.

- Agora ... queixa... porque ... casou ... moi novo.

- Aquí ... falou... moito del cando ... morreu...

- Cando ... foi... da cidade non ... atreveu... a ... despedir...

- ...deixou... estar sentado porque xa non ... vía... o sol.

- ...lavou... as mans antes de ... comer... unha ameixa.

- Este ano ... lembrou... de min e ... puxo... a facer o roscón a tempo.

- ...espertou... cedo, ... ergueu... da cama, ... peiteou... e ... botou... á rúa.

- Como ... ri... o condenado!, ... merece... un bo premio.

- Con este frío ...vai... conxelar... a auga da traída.

|
4.- Colocar te ou che (o que corresponda), no lugar conveniente
- Lembro que ... ollou... fixamente.

- Esa luz non é boa para ... proxectar... a imaxe.

- Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

- Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

- Nunca ... convencerá... de marchar.

- Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

- E eu que ... coidaba... máis esperto!

- Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

- Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

- Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

- Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

- Non fagas caso cando ... sorría... así.

- Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

- Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

- Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

- Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

- A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

- Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.

- Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.

- Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?

- ... repito... o que xa ... contara... na festa.

- Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

- Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

- Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.

- Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.

- Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.

- Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!

- Non ... quixen... magoar..., perdoa.

- Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.

- ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.

- Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!

- Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.

- Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.

- En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?

- Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.

- Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.

- Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.

- Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.

- Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.

- Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?

- Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.

- O luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.

- Que ben ... recende... a roupa!

- A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.

- ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.

- Case ... oín... todo.

- ... pon... a comer e que ... aproveite...!

- Que ... augurou... a túa fada madriña?

- Mañá ... recollerei... os libros.

- ... darei... un aprobado para que ... alegres...

- Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.

- Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.

- Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.

- Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...

- Quen ... pariu..., que ... lamba...!

- O que ... afundiu... foi unha vaga.

- A crise ... afundiu... a empresa.

- ... atopei... a rillares no chocolate.

- ... andaba... un rato comendo... no queixo.

- Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!

- Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

- Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

- Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

- Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

- Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

- ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

- De seguiren así, pouco ... van... regalar...

- O vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

- Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?

- ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.

- Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.

- Se ... proe..., ... raña...

- Non ... deixou... falar.

- Ese resolio ... mellorará... a voz.

- Por que ... chaman... maragato?

- ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.

- Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

|
5.- Transformar as mesmas frases utilizando agora os pronomes átonos de terceira persoa
Por exemplo:
- Lembro que ... ollou.. fixamente: lembro que o/a ollou fixamente.
- Esa luz non é boa para ...proxectar...a imaxe: esa luz non é boa para lle proxectar/proxectarlle a imaxe.
- Cando ías polo carreiro, a silva ... rachou... a camisa.

- Aquel barbeiro non ... rapou... a xeito.

- Nunca ... convencerá... de marchar.

- Non confíes máis nese amigo, ... vendeu... na primeira ocasión.

- E eu que ... coidaba... máis esperto!

- Cibrán ... rexeitou... os argumentos aquel día.

- Non sei se ... salientei... ben o que me interesaba.

- Esa desgraza ... marcou... para o resto da vida.

- Moito ... quere... aínda que non o recoñezas.

- Non fagas caso cando ... sorría... así.

- Coidado coa praia, ... pode... torrar... o sol.

- Foi un veciño quen ... axudou... a subir á maceira.

- Hoxe ... gañou... o Pedro, tes que xogar mellor.

- Bateu tan forte que ... fendeu... a porta.

- A cámara ... enfocou... perfectamente esta vez.

- Non traio nada para ti, este ano ... esqueceu... o xefe.

- Ese viño ... embebedou... sen ... dares... conta.

- Onde ... colocaches... para saíres tan ben na fotografía?

- ... repito... o que xa ... contara... na festa.

- Tal labazada ... deu... que ... chantou... no chan.

- Estabas tan doente que ... tiñan... que ... espir... e todo.

- Xa ao entrares, ... recoñecín... pola voz.

- Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.

- Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.

- Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!

- Non ... quixen... magoar..., perdoa.

- Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.

- ... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.

- Canto ... amou... mentres non o consumiu a enfermidade!

- Pensei ... arranxar... o cuarto canto antes.

- Xa escampou, ...deixo... o paraugas onde estaba.

- En canto ... vendeu... a dorna o señor Pedro?

- Si, home, ... botou... fóra por ... soar... o móbil.

- Ben me lembro de cando ... bateu... cun croio na cabeza.

- Esas cores tan fortes ... poden... producir... molestias na vista.

- Se non deixas de facer trasnadas, ... vou... ter... que... pexar... como a un cabalo.

- Hai que ver o ben que ... agasallaron... hoxe.

- Que ... receitou... dona Inmaculada, esa doutora que tan ben ... cae...?

- Por ires ás arrasadeiras ... mallou... o pai.

- luns ... caían... uns lóstregos arrepiantes.

- Que ben ... recende... a roupa!

- A nugalla non ... deixa... erguer a tempo.

- ... retira... de aí ou ... guindo... á auga.

- Case ... oín... todo.

- ... pon... a comer e que ... aproveite...!

- Que ... augurou... a túa fada madriña?

- Mañá ... recollerei... os libros.

- ... darei... un aprobado para que ... alegres...

- Entón ... puxarei... e ti farás como que caes.

- Senta aí e non ... movas..., que ... vou... procurar... un calmante.

- Demasiado ... sorriu... a fortuna este Nadal, non ... fagas... o parvo.

- Talvez ... xurdan... novas posibilidades, ... vai... preparando...

- Quen ... pariu..., que ... lamba...!

- O que ... afundiu... foi unha vaga.

- A crise ... afundiu... a empresa.

- ... atopei... a rillares no chocolate.

- ... andaba... un rato comendo... no queixo.

- Sempre ... lembrarei..., pase o que ... pase...!

- Ese médico ... sandou... e nada ... pediu... a cambio.

- Os reféns ... saíron... ilesos do banco.

- Xamais ... tratarei... como un escravo, non ... queixes...

- Por ... cantarmos... esa cantiga, puxéronnos unha multa.

- Se cadra, foron os toxos os que ... espiñaron...

- ...meteu... nun portal e ... tirou... a carteira.

- De seguiren así, pouco ... van... regalar...

- vento ... rachou... a saia e ... deixou... toda esfarrapada.

- Como ... distribuíron... na aula? Que lugar ... correspondeu?

- ... saudei... cando ... dispuñas... a cantar.

- Algúns ... procuraban... para ... entregar... un presente.

- Se ... proe..., ... raña...

- Non ... deixou... falar.

- Ese resolio ... mellorará... a voz.

- Por que ... chaman... maragato?

- ... dixen..., ... digo... e ... direi... que ... quixen..., ... quero... e ... quererei... como nunca ninguén ... quixo... a ti.

- Se ... saíron... ben todas as frases, ... contenta..., que xa sabes diferenciar te de che.

|
6.- Colocar correctamente en cada frase o pronome que vai ao final entre parénteses
- Colleu moi a modiño (o).

- Pediu polas boas (a).

- Desta forma ves mellor (as).

- Axiña vou contar (os).

- Recitaba con moito aquel (as).

- Dixo el mesmo (o).

- Quixo recoller cedo (as).

- Pedía sempre sen azucre (as).

- Trouxeron en tren (o).

- Escoitou con moita atención (os).

- Traes xa acabadas? (as).

- Decidiu de súpeto (o).

- Sempre deixan igual (a).

- Eloxiei abondo aquel día (os).

- Iguais a ese hai en calquera sitio (os).

- Fendín coa macheta (o).

- Onte vin na praza (as).

- Ese fai moi bonitos (os).

- Fixo todos nunha tarde (os).

- Contaron moitas cousas (nos).

- Digo con toda a certeza (o).

- Botei pola fiestra (a).

- Os autobuses deixaban sempre alí (nos).

- Pediu moitos favores (nos).

- Faltaban os mellores do equipo (nos).

- Leva sempre no peto (as).

- Deron todo o diñeiro xunto (vos).

- Pillaron polos pelos (a).

- Recoñeceu nada máis chegarmos (nos).

- Gardou nun baúl (os).

|
7.- Substituír os complementos por llo/lla/llos/llas ou llelo/llela/llelos/llelas, segundo conveña e colocándoos no lugar axeitado
- Sempre deu regalos aos feiticeiros.

- Hoxe vendín o porco a uns tratantes.

- Teño que pór un ferrollo á porta.

- Merquei unhas morcillas á tendeira.

- Regalei a gravata a meus irmáns.

- Escondinlles as bonecas nun recanto.

- Cando lle teceu eses panos preciosos?

- Deches a comida ás tartarugas?

- Como ensinaches os sinais de tránsito ao teu fillo pequeno?

- Sinalei as tarefas aos alumnos.

- Pon o funil á botella!

- Pedín lentellas ao camareiro.

- Puxo unha flor na lapela ao Pepe.

- Despois tirou os estadullos ao carro.

- Rubén colocou o roncón á gaita.

|
8.- Indicar todas as posibilidades de colocación correctas do pronome que vai entre parénteses
- Nunca fun ver (o).

- Meu pai pensaba destruír (a).

- A moto podía correr máis (lle).

- Xa deixou de arranxar (os).

- Aquel día tiña que deixar (mo).

- Non contaba con ver nese lugar (te).

- É mellor deixar así (o).

- Para que colla sabor, cómpre esmagar mellor (o).

- Ía cantando unha fermosa balada (lle).

- Estou pensando mellor (o).

- Agora coido poder coller coa man (os).

- Cantas veces intentei deixar de querer! (o).

- Hai que deixar marchar cando queira (a).

- Sempre foi arranxando como podía (cho).

- Sería aconsellábel vender (o).

- Debía de deixar traer á casa (as).

- Xamais andou releando (nos).

- Como desexaba entón poder doar! (os).

- Cómpre recoller a tempo, vai chover (se).

- Está a chover moito hoxe (che).

|
9.- Substituír o complemento directo e o complemento indirecto polos pronomes persoais correspondentes, colocándoos axeitadamente
- Colleu as lambetadas ao irmán

- Tampouco trouxeron o lapis para ti.

- Protestei cando estragaron a guitarra (a min).

- Case leu toda a novela aos fillos.

- Uns cortaron as uvas, outros beberon o viño.

- Se dás un bico (a min), dou un euro (a ti).

- Os veciños decotaron a amendoeira.

- Mentres vía a vostedes no meu cuarto, estaba ledo.

- Entón, tirou a pucha sobre a mesa.

- A meniña puxo os lentes ao can.

- Aínda que traias o anel para min, non vou coller (o anel).

- Seica regalaron un cigarro cubano ao padriño o día do seu aniversario.

- Gañaba a vida separando moscas segundo o seu sexo.

- Os gobernos das grandes potencias decidiron facer, desde agora, os mísiles con rosas e caraveis.

- Recollín uns DVD para vostede.

- Ningún vaqueiro atracou a dilixencia.

- Agora vou servir uns vasos de leite para vostedes, forasteiros.

- Sempre hai espías pándegos nas súas películas.

- O doente pediu xarope ás enfermeiras.

- Moitos compañeiros tiveron un infarto.

- Veña, arranxa todo iso para min!

- Como meteron todas esas parvadas na cabeza (a ti)?

- Nin comeu a sopa nin comerá as patacas.

- Saíu da casa cedo e meteu a maleta no coche.

- Antano compraban e vendían os escravos como se fosen animais.

- Nalgures teño unha calculadora para ti.

- Despois do partido deu unha masaxe aos xogadores.

- Eu prefiro ver carreiras de cabalos.

- O duque mercou un abrigo de peles para a duquesa.

- Pregunta a lección a aquelas rapazas.

|
10.-Colocar o pronome de solidariedade
11.- Explicar a colocación dos pronomes átonos nas seguintes frases
- Que a fortuna te acompañe o resto da vida!

- Penso que non che dixo a verdade.

- Oxalá te deixen vir á miña casa!

- Dixo que lle non dera o pan.

- Pampos quedaron ao velo daquel xeito.

- Deus cho pague, eu non teño cartos hoxe!

- O demo te leve, rapaz, mira que es trasfego!

- Agora te atendo, non desesperes, muller.

- Agora aténdote, non desesperes, muller.

- Logo che fago o pedido que me encargaches.

- Logo fágoche o pedido que me encargaches.

- Marchei axiña porque me doía moito a cabeza.

- A vida che entrego, compañeira dos meus días!

- Iso me contou, non mentiu.

- Paseino tan ben co libro que, se puidese, volvíao ler.

- Aí o tes, podes collelo.

- Aí telo máis á man, podes collelo.

- Comeron todas as papas? Sobras lles quedaron!

- Parecía que me non vira nunca.

- Calquera cho pode contar mellor ca min.

- O meu corazón che entrego, meu caravel!

- Antonte mandeiche un correo electrónico.

- Moitos fóronse porque a música era má, o local peor, e divertíanse pouco.

- Pensaba que me non ía coller o viño todo no bocoi.

- Despois pedireiche un favor.

|
12.- Corrixir todos os erros (referentes ao pronome persoal) que haxa
- Veu con nos á feira e despois foi coeles á discoteca.

- Canto lle quere aos seus pícaros! Todo son lambetadas para eles.

- Casouse moi novo e máis tarde marchouse para Suíza.

- Onte morréuselle un curmán. Moito queríalle, mais non hai que facerlle, a vida éche así.

- Nos deron os presentes onte e mañá irémoslles comer a merenda.

- Deses bichos haios a moreas na miña aldea, como me divirto cazando en eles!

- Esa idea partiu de el, que eu ben coñézoo.

- Ía conmigo de paseo cando déronlle a má nova de que perdera o Pontevedra.

- Colleua pola man e díxolle unhas cantas palabras bonitas.

- Xa sei que aliouse con vos para afundirme a empresa de vendas na Rede.

- Púxose en paz consigo mesmo, que era o que máis cumpríalle.

- Nunca os lo darei, os lo xuro polo máis sagrado.

- É certo que lles presentou o amigo ás irmás? Si, presentoullo.

- Comeuse el só unha cunca de fabas e despois che parecía unha fábrica de foguetes.

- Introduciulle na casa con todos os honores e che acabou saíndo pola porta de atrás.

- Tomoulle da man con toda a cortesía posíbel.

- “Como che recoñeceu ese día?”, díxome o inspector.

- Ben se che ve que es un pacifista e un ecoloxista.

- Abraiados deixouos con tanta desgraza como contaba!

- Sen querer, manqueille nun pé, e se puxo como unha fera.

- Tales pensamentos xa estaban en elas, aínda que nono parecese.

- Ou déixaste de parvadas, ou me enfado!

- Trouxeron este ano os Reis unha bicicleta para as nenas? Aínda non lla trouxeron.

- Vaia bicho! Sempre lle temeron pola súa bravura.

- Déixaslo fóra e cólleslo cando te pareza.

- A miña vida entrégoche como proba do meu amor!

- Iso saíu de elas, do seu maxín, que sempre andan a matinar en que se divertiren.

- Ustedes farán o que queiran, mais eu non móvome de aquí.

- Todos puxéronse de acordo para che faceren a figa.

- Se o miras ben, verás que algunha frase non che ten erros; así que déixaa como está.

|
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel, 2005-2008