- Ten tino, que con iso xa se mancou miña nai nunha man o verán pasado.
- Eses xamóns son moi ruíns e xa o dixo el cando os viu.
- Xa te levei comigo.
- Colle os cartos e méteos no banco antes de que chos leven os ladróns.
- Xa lles dixen aos nenos o que tiñan que facer, e ao deitárense que apaguen a luz.
- Por aquel camiño viñan uns cans alobados.
- Colleu a vara e partiuna dun golpe.
- Miña avoa trouxo unhas roscas de Ribadavia que estaban moi ricas.
- Estaban bailando na eira uns rapaces moi pándegos.
- Fixestes ben, que así non vos van poder pillar.
- Eu aprobei todo este ano, aínda que non tiña moi bos profesores.
- Ti cantaches moito mellor que o resto, mais xa ves como son as cousas, o premio foi para os de Ortigueira.