1. Veu connosco á feira e despois foi con eles á discoteca.
  2. Canto lles quere aos seus pícaros! Todo son lambetadas para eles.
  3. Casou moi novo e máis tarde marchou para Suíza.
  4. Onte morreulle un curmán. Moito lle quería, mais non hai que facerlle, a vida éche así.
  5. Déronnos os presentes onte e mañá irémoslles comer a merenda.
  6. Deses bichos hainos a moreas na miña aldea, como me divirto cazando neles!
  7. Esa idea partiu del, que eu ben o coñezo.
  8. Ía comigo de paseo cando lle deron a má nova de que perdera o Pontevedra.
  9. Colleuna pola man e díxolle unhas cantas palabras bonitas.
  10. Xa sei que se aliou convosco para afundirme a empresa de vendas na Rede.
  11. Púxose en paz consigo mesmo, que era o que máis lle cumpría.
  12. Nunca volo darei, xúrovolo polo máis sagrado.
  13. É certo que lles presentou o amigo ás irmás? Si, presentóullelo.
  14. Comeu el só unha cunca de fabas e despois parecíache unha fábrica de foguetes.
  15. Introduciuno/introduciuna na casa con todos os honores e acabouche saíndo pola porta de atrás.
  16. Tomouno/tomouna da man con toda a cortesía posíbel.
  17. “ Como te recoñeceu ese día?”, díxome o inspector.
  18. Ben se che ve que es un pacifista e un ecoloxista.
  19. Abraiados os deixou con tanta desgraza como contaba!
  20. Sen querer, manqueino/manqueina nun pé, e púxose como unha fera.
  21. Tales pensamentos xa estaban nelas, aínda que non o parecese.
  22. Ou te deixas de parvadas, ou enfádome!
  23. Trouxeron este anos os Reis unha bicicleta para as nenas? Aínda non llela trouxeron.
  24. Vaia bicho! Sempre o temeron pola súa bravura.
  25. Déixalo fóra e cóllelo cando che pareza.
  26. A miña vida che entrego como proba do meu amor!
  27. Iso saíu delas, do seu maxín, que sempre andan a matinar en que se divertir.
  28. Vostedes farán o que queiran, mais eu non me movo de aquí.
  29. Todos se puxeron de acordo para che faceren a figa.
  30. Se o miras ben, verás que algunha frase non che ten erros; así que déixaa como está.