1. Lembro que te ollou fixamente.
  2. Esa luz non é boa para che proxectar/proxectarche a imaxe.
  3. Cando ías polo carreiro, a silva rachouche a camisa.
  4. Aquel barbeiro non te rapou a xeito.
  5. Nunca te convencerá de marchar.
  6. Non confíes máis nese amigo, vendeute na primeira ocasión.
  7. E eu que te coidaba máis esperto!
  8. Cibrán rexeitouche os argumentos aquel día.
  9. Non sei se che salientei ben o que me interesaba.
  10. Esa desgraza marcoute para o resto da vida.
  11. Moito che/te quere aínda que non o recoñezas.
  12. Non fagas caso cando che sorría así.
  13. Coidado coa praia, pódete torrar/torrarte o sol.
  14. Foi un veciño quen te/che axudou a subir á maceira.
  15. Hoxe gañouche o Pedro, tes que xogar mellor.
  16. Bateu tan forte que che fendeu a porta.
  17. A cámara enfocoute perfectamente esta vez.
  18. Non traio nada para ti, este ano esqueceute o xefe.
  19. Ese viño embebedoute sen te dares/dáreste conta.
  20. Onde te colocaches para saíres tan ben na fotografía?
  21. Repítoche o que xa che contara na festa.
  22. Tal labazada che deu que te chantou no chan.
  23. Estabas tan doente que te tiñan que espir/tiñan que te espir/ tiñan que espirte e todo.
  24. Xa ao entrares, recoñecinte pola voz.
  25. Xa estou cansa de che dicir/dicirche que ese guindastre te pode esmagar/esmagarte se te pos aí.
  26. Seica che dixo o bispo que te podías retirar/retirarte cando che parecese mellor.
  27. Como che latexa o corazón, non te asustes, que non é para tanto!
  28. Non te quixen magoar/magoarte, perdoa.
  29. Non fas máis que te illar/illarte dos compañeiros, teste que sentir/tes que te sentir/tes que sentirte cómodo e deixarte levar polo bo humor.
  30. Vouche quentar/quentarche a auga para que te poidas bañar/bañarte axiña.
  31. Canto te amou mentres non o consumiu a enfermidade!
  32. Penseiche arranxar/pensei arranxarche o cuarto canto antes.
  33. Xa escampou, déixoche o paraugas onde estaba.
  34. En canto che vendeu a dorna o señor Pedro?
  35. Si, home, botoute fóra por che soar/soarche o móbil.
  36. Ben me lembro de cando che bateu cun croio na cabeza.
  37. Esas cores tan fortes pódenche producir/producirche molestias na vista.
  38. Se non deixas de facer trasnadas, voute ter que pexar/vou terte que pexar /vou ter que te pexar/vou ter que pexarte como a un cabalo.
  39. Hai que ver o ben que te agasallaron hoxe.
  40. Que che receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben che cae?
  41. Por ires ás arrasadeiras malloute o pai.
  42. O luns caíanche uns lóstregos arrepiantes.
  43. Que ben che recende a roupa!
  44. A nugalla non te deixa erguer a tempo.
  45. Retírate de aí ou guíndote á auga.
  46. Case che oín todo.
  47. Ponte a comer e que che aproveite!
  48. Que che augurou a túa fada madriña?
  49. Mañá recollereiche os libros.
  50. Dareiche un aprobado para que te alegres.
  51. Entón puxareite e ti farás como que caes.
  52. Senta aí e non te movas, que che vou procurar/procurarche un calmante.
  53. Demasiado che sorriu a fortuna este Nadal, non te fagas o parvo.
  54. Tal vez che xurdan novas posibilidades, vaite preparando/preparándote.
  55. Quen te pariu, que te lamba!
  56. O que te afundiu foi unha vaga.
  57. A crise afundiuche a empresa.
  58. Atopeite a rillares no chocolate.
  59. Andábache un rato comendo/coméndoche no queixo.
  60. Sempre te lembrarei, pase o que che pase/páseche o que che pase!
  61. Ese médico sandoute e nada che pediu a cambio.
  62. Os reféns saíronche ilesos do banco.
  63. Xamais te tratarei como un escravo, non te queixes.
  64. Por che cantarmos/cantármosche esa cantiga, puxéronnos unha multa.
  65. Se cadra, foron os toxos os que te espiñaron.
  66. Meteute nun portal e tirouche a carteira.
  67. De seguiren así, pouco che van regalar/regalarche.
  68. O vento rachouche a saia e deixoute toda esfarrapada.
  69. Como te distribuíron na aula? Que lugar che correspondeu?
  70. Saudeite cando te dispuñas a cantar.
  71. Algúns procurábante para che entregar/entregarche un presente.
  72. Se che proe, ráñate.
  73. Non te deixou falar.
  74. Ese resolio mellorarache a voz.
  75. Por que che/te chaman maragato?
  76. Díxenche, dígoche e direiche que te/che quixen, quérote/che e querereite/che como nunca ninguén te/che quixo a ti.
  77. Se che saíron ben todas as frases, conténtate, que xa sabes diferenciar te de che.