1. Cando ía polo carreiro, a silva rachoulle a camisa.
  2. Aquel barbeiro non o/a rapou a xeito.
  3. Nunca o/a convencerá de marchar.
  4. Que non confíe máis nese amigo, vendeuno/na na primeira ocasión.
  5. E eu que o coidaba máis esperto!
  6. Cibrán rexeitoulle os argumentos aquel día.
  7. Non sei se lle salientei ben o que me interesaba.
  8. Esa desgraza marcouno/na para o resto da vida.
  9. Moito lle/o/a quere aínda que non o recoñeza.
  10. Que non faga caso cando lle sorría así.
  11. Coidado coa praia, pódeo/a torrar//pode torralo/la o sol.
  12. Foi un veciño quen o/a/lle axudou a subir á maceira.
  13. Hoxe gañoulle o Pedro, ten que xogar mellor.
  14. Bateu tan forte que lle fendeu a porta.
  15. A cámara enfocouno/na perfectamente esta vez.
  16. Non traio nada para el/ela, este ano esqueceuno/na o xefe.
  17. Ese viño embebedouno/na sen se dar/darse conta.
  18. Onde se colocou para saír tan ben na fotografía?
  19. Repítolle o que xa lle contara na festa.
  20. Tal labazada lle deu que o/a chantou no chan.
  21. Estaba tan doente que o/a tiñan que espir//tiñan que o/a// que espilo/la e todo.
  22. Xa ao entrar, recoñecino/na pola voz.
  23. Xa estou cansa de lle dicir/dicirlle que ese guindastre o/a pode esmagar//esmagalo/la se se pon aí.
  24. Seica lle dixo o bispo que se podía retirar/retirarse cando lle parecese mellor.
  25. Como lle latexa o corazón, que non se asuste, que non é para tanto!
  26. Non o/a quixen magoar//quixen magoalo/la, que perdoe.
  27. Non fai máis que se illar/illarse dos compañeiros, tense que sentir//ten que se sentir//ten que sentirse cómodo e deixarse levar polo bo humor.
  28. Voulle quentar/quentarlle a auga para que se poida bañar/bañarse axiña.
  29. Canto o/a amou mentres non o consumiu a enfermidade!
  30. Penseille arranxar/arranxarlle o cuarto canto antes.
  31. Xa escampou, déixolle o paraugas onde estaba.
  32. En canto lle vendeu a dorna o señor Pedro?
  33. Si, home, botouno/na fóra por lle soar/soarlle o móbil.
  34. Ben me lembro de cando lle bateu cun croio na cabeza.
  35. Esas cores tan fortes pódenlle producir/producirlle molestias na vista.
  36. Se non deixa de facer trasnadas, vouno/na ter que pexar//telo/la que//ter que pexalo/la como a un cabalo.
  37. Hai que ver o ben que o/a agasallaron hoxe.
  38. Que lle receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben lle cae?
  39. Por ir ás arrasadeiras mallouno/na o pai.
  40. O luns caíanlle uns lóstregos arrepiantes.
  41. Que ben lle recende a roupa!
  42. A nugalla non o/a deixa erguer a tempo.
  43. Que se retire de aí ou guíndoo/a á auga.
  44. Case lle oín todo.
  45. Que se poña a comer e que lle aproveite!
  46. Que lle augurou a súa fada madriña?
  47. Mañá recollereille os libros.
  48. Dareille un aprobado para que se alegre.
  49. Entón puxareino/na e el fará como que cae.
  50. Que sente aí e non se mova, que lle vou procurar/procurarlle un calmante.
  51. Demasiado lle sorriu a fortuna este Nadal, que non se faga o parvo.
  52. Talvez lle xurdan novas posibilidades, que se vaia preparando/que vaia preparándose.
  53. Quen o/a pariu, que o/a lamba!
  54. O que o/a afundiu foi unha vaga.
  55. A crise afundiulle a empresa.
  56. Atopeino/na a rillar no chocolate.
  57. Andáballe un rato comendo/coméndolle no queixo.
  58. Sempre o/a lembrarei, páselle o que lle pase!
  59. Ese médico sandouno/na e nada lle pediu a cambio.
  60. Os reféns saíronlle ilesos do banco.
  61. Xamais o tratarei como un escravo, que non se queixe.
  62. Por lle cantarmos/cantármoslle esa cantiga, puxéronnos unha multa.
  63. Se cadra, foron os toxos os que o/a espiñaron.
  64. Meteuno/na nun portal e tiroulle a carteira.
  65. De seguiren así, pouco lle van regalar/regalarlle.
  66. O vento rachoulle a saia e deixouna toda esfarrapada.
  67. Como o/a distribuíron na aula? Que lugar lle correspondeu?
  68. Saudeino/na cando se dispuña a cantar.
  69. Algúns procurábano/a para lle entregar/entregarlle un presente.
  70. Se lle proe, que se rañe.
  71. Non o/a deixou falar.
  72. Ese resolio melloraralle a voz.
  73. Por que lle/o/a chaman maragato?
  74. Díxenlle, dígolle e direille que o/a/lle quixen, quéroo/a/lle e querereino/na/lle como nunca ninguén o/a/lle quixo a vostede.
  75. Se lle saíron ben todas as frases, que se contente, que xa sabe diferenciar te de che.