1. Nunca o fun ver // fun velo.
  2. Meu pai pensábaa destruír // pensaba destruíla.
  3. A moto podíalle correr // podía correrlle máis.
  4. Xa os deixou de arranxar // deixou de os arranxar // deixou de arranxalos.
  5. Aquel día tíñamo que deixar // tiña que mo deixar // tiña que deixarmo.
  6. Non contaba con te ver // con verte nese lugar.
  7. É mellor deixalo así.
  8. Para que colla sabor, cómpre esmagalo mellor.
  9. Íalle cantando // ía cantándolle unha fermosa balada.
  10. Estouno pensando // estou pensándoo mellor.
  11. Agora coido podelos coller // poder collelos coa man.
  12. Cantas veces intentei deixalo de querer // deixar de o querer // deixar de querelo!
  13. Haina que deixar // hai que a deixar // hai que deixala marchar cando queira.
  14. Sempre cho foi arranxando // foi arranxándocho como podía.
  15. Sería aconsellábel vendelo.
  16. Debíaas de deixar traer // debía de as deixar traer // debía de deixalas traer // debía de deixar traelas á casa (as).
  17. Xamais nos andou regateando // andou regateándonos.
  18. Como desexaba entón podelos doar // desexaba entón poder doalos!
  19. Cómpre recollerse a tempo, vai chover.
  20. Estache a chover // está a choverche moito hoxe (che).