1. Se mo contas a min eu non llo vou revelar a Xan. Por que cho digo? Pois porque me apetece.
2. Díxenche, dígoche e direiche que te amo, que te amei e te amarei para o resto dos meus días, miña parruliña!
3. Contáronme que te puxeras moi leda cando che dixeron que che tocara a lotaría do Nadal, tocouche pouco, mais algo che tocou.
4. Mi madriña, saíuche a burra capada. Díxolle a nai ao fillo cando lle entregou o boletín de notas falsificado.
5. As redes sociais sonche moito máis bonitas se as pos na nosa lingua.
6. Non te vaias, rianxeira, que te vas marear / vas marearte. Di a cantiga que tanto che gusta.
7. Voute comer a bicos, díxolle o pai ao seu bebeciño / vou comerte ...
8. A profesora mandouna saír da clase para que se calmase. Ela fíxoo e calmouse axiña.
9. Véxoa moi ben de saúde, María, nótaselle ben que se coida decote.
10. A nós gústannos as películas nas que non che hai malos malísimos.