1. Se o soubésemos antes, xa non viriamos.
  2. Non chegaba aínda que se puxese/puxera de pé.
  3. Dixo que fora xa alí varias veces.
  4. Contáronme que dixera cousas moi interesantes.
  5. Cando os colleron xa se introduciran na fraga.
  6. Por moitos cartos que tivesen non o poderían pagar.
  7. Antes de chegaren xa os outros desapareceran.
  8. Gustaríame que me tocase a lotería.
  9. Aínda non viñera cando nos puxemos a comer.
  10. Díxome que fixera varios recados // Díxome que fixese varios recados.
  11. É fácil que xa existisen eses inventos en 1930.
  12. Se mo dese a min non se perdería.
  13. Quen puidese convosco voar!
  14. Xa lle deran o premio Blanco Amor no ano 1983.
  15. Eles evitaban que se falase do asunto.
  16. Dubidaba de que lle trouxese alguén un presente.
  17. Nunca estivera tan canso como aquel día.
  18. Marchou antes de que comezase a conferencia.
  19. Pensaba que o discurso lle saíra algo frouxo.
  20. Negaban que a culpa fose do Uxío.
  21. Negábanse a que o xuízo fose a porta pechada.
  22. Gastou todo o que cobrara o día anterior.
  23. Aínda non se fixera da sociedade, e xa o querían botar.
  24. Oxalá se puxese bo tempo!
  25. Xa lle telefonara cando recibín a carta.