INFINITIVO
VALOR
EXEMPLO
IR+INF. temporal de futuridade Vou ir de vacacións a Cuba
HABER (DE) + INF. temporal de futuridade Heivos traer algo de Sarria
  modal obrigativa Has (de) facer o que ela che pida
  modal hipotética (probabilidade) Ha de haber seis meses que a vin
HABER (pretérito) (DE)+INF. temporal de futuridade inmediata Houben caer ao chan
HABER (QUE) + INF. modal obrigativa Hai que portarse mellor
QUERER + INF. temporal de futuridade inmediata Mira, quere chover
TER QUE/DE + INF. modal obrigativa Tes que/de saír cedo
DEBER (DE) + INF. modal obrigativa Debe (de) mellorar para aprobar
modal hipotética (probabilidade) Aquí debe virir un gaiteiro
PODER + INF. modal hipotética (probabilidade) Pode mellorar o tempo
ESTAR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Están a facer o AVE
aspectual de futuridade inmediata Aínda non ver, mais está a chegar
ESTAR PARA + INF. aspectual de futuridade inmediata Xa están para rematar os obras
ANDAR PARA + INF. aspectual de futuridade inmediata María anda para ter un pícaro
ANDAR A +INF. aspectual imperfectiva (durativa) Andan a facer unha ponte
SER A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Todos eran a querer saír por alí
ESTAR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Estamos a ter mala sorte
LEVAR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Leva a traballar desde as seis
SEGUIR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Seguía a orballar
IR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Sempre vai a correr polo xornal
VIR A + INF. aspectual imperfectiva (durativa) Veño a ler un libro diario
aspectual terminativa Por fin veu a saberse a verdade
CHEGAR A + INF. aspectual terminativa Chegarás a facer unha boa obra
ACABAR POR + INF. aspectual terminativa Acabei por entrar dentro
ACABAR DE + INF. aspectual perfectiva Acabo de apagar o móbil
DEIXAR DE + INF. aspectual perfectiva Deixa de te queixares
VIR DE + INF. aspectual perfectiva Veño de acabar Matemáticas
BOTAR(SE) A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Botouse a chover ás doce en punto
COMEZAR/EMPEZAR A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Comezou a dicir parvadas e marchamos
DAR EN + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Deu en ler novelas de Xosé Ramón Pena
ROMPER A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) O caldeiro do polbo rompeu a ferver
SOLTARSE A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Soltouse a falar moi noviña
POR/POÑER(SE) A + INF. aspectual incoativa (ingresiva) Púxenme a contar ovellas
VOLVER (A) + INF. aspetual reiterativa Se mo volves contar igual, créote
XERUNDIO
VALOR
EXEMPLO
ESTAR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Estamos sendo os mellores
ANDAR + XER aspectual imperfectiva (durativa) Andan pintando a garaxe
SEGUIR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Segue saraibando
LEVAR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Levo conducindo desde a mañá
IR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Sempre vou conducindo eu
VIR + XER. aspectual imperfectiva (durativa) Veño lendo un libro á semana
PARTICIPIO
VALOR
EXEMPLO
DAR + PART. aspectual perfectiva Non deu lido o libro para o exame
LEVAR + PART. aspectual perfectiva Xa levo lidos tres libros
TER + PART. aspectual perfectiva Cando chegue xa teño acabado ben
aspectual reiterativa Eu xa teño estado alí