Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas entre o 14/01/2005 e o 16/02/2005


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns



*1.405 “regulacións laborais” máis para Ferrolterra
Ferrol, 16 de febreiro 2005. Despois do acorldo levado a cabo entre a SEPI e os “sindicatos” eststais CCOO e UGT, o expediente polo que se poñerá na rúa a 1.405 traballadoras e traballadores dos astaleiros ferroláns é xa unha realidade. A esta cifra hai que egadirlle as perdas na industria auxiliar, que xera ao redor de 3.000 postos máis ou as perdas no sector servizos, o despoboamento da zona...[ler máis]

*
Galiza Nova continúa a súa intensa campaña informativa contra o Tratado C. Europeu
A Coruña, 10 de febreiro 2005. A organización das mocidades do BNG, Galiza Nova, organiza próximo venres, 11 de febreiro, ás 21hras, o acto central na comarca da Coruña da campaña que está a desenvolver contra o Tratado Constitucional Europeu. O acto é un mitin para a mocidade que terá lugar no IES Eusebio da Guarda (praza de Pontevedra) da Coruña... [ler máis]

*
Burla Negra propón un debate organizativo dentro de Nunca Máis! e apresenta a campaña “Hai que Botalos!”
Compostela, 6 de febreiro 2005. Durante o último pleno da Plataforma Nunca Máis, celebrado no Hotel Congreso (Santiago de Compostela), en Decembro de 2004, o colectivo Burla Negra expuxo diante da asemblea a necesidade de formalizar dentro da Plataforma un debate organizativo que reactivase a participación dos distintos colectivos e persoas que forman parte da Plataforma así como a conveniencia de que Nunca Máis se dotase dun sistema comunicativo interno que permitise, por unha banda, estructurar este debate de xeito eficaz e por outra, unha implicación colectiva no traballo organizativo. Esta proposta xorde da análise que durante o último ano e medio ocolectivo Burla Negra foi desenvolvendo sobre o propio movemento socialnacido a partir da catástrofe do Prestige.
Por outra banda este colectivo lanza a campaña “Hai que Botalos! que pretende ser “unha campaña de estimulación do "boto", promovida por BURLA NEGRA e A FRAGA MALDITA de cara ás históricas eleccións nas que Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis limpos e democráticos. A primeira fase, xa en marcha, é a realización dunha película de denuncia, de creación colectiva, composta por vinte curtametraxes de non máis de cinco minutos, e que conta coa participación de artistas e creador@s galeg@s dos máis diversos ámbitos.
Máis información en
www.arredemo.info.

*Seguen os actos en Lugo sobre o Tratado Europeu
Lugo, 6 de febreiro 2005.
Desta volta a Associaçom Cultural
Alto Minho organiza un debate baixo o título: “O quê votamos no 20 de Fevereiro? - Diferentes visões sobre a Constituiçom Europeia”, continuando así a súa campaña de información á cidadanía lucense. Nel participarán Roberto Laxe (Plataforma Galega polo Nom à Constituiçom Europeia), Marta Núñez (Investigadora de Direito Constitucional da Universidade da Corunha), Xaime Da Pena (Advogado e membro da executiva do Partido Galeguista). O debate terá lugar no Local Social Alto Minho (rua Catassol, nº 15, Lugo) o vindeiro 10 de febreiro ás 21:15 horas.

*Estreamos a nova sección
Opinión cun artigo de
Xabier Pérez Igrexas
titulado
Papanatismo antidemocrático.
Quen afirme que a disensión, que a discrepancia, que a oposición ou a confrontación de ideas (nun marco de convivencia), resultan antidemocráticos ou que poñen en perigo a esencia mesma da democracia, deturpan de cheo o propio concepto. Estamos a viver momentos "democráticos" difíceis...
[ler máis].

*Ultima Hora! (Lugo), Queres (+) motivos para dicir NON ao Tratado C. Europeu?, pois non faltes a esta cita:
Lugo, 31 de xaneiro 2005.  Na vindeira terça-feira , 1º de Fevereiro às 20:15 horas, no Local Social
Alto Minho de Lugo, (rua Catassol, n: 15) terá lugar o acto de apresentaçom do último livro de Bernardo Valdés, A Constituiçom Europeia e Nós. Neste acto organizado pola : Associaçom Cultural Alto Minho e Associaçom Galega da Língua (AGAL), interviram Bernardo Penabade (presidente da AGAL), Fernando Blanco (concelheiro do BNG en Lugo) e Bernardo Valdés (professor da USC, e autor do livro). O ensaio de Bernardo Valdás e desde já o último volume publicado da Colecçom Universália. Com a publicaçom de A Constituiçom Europeia e Nós a AGAL pretende lançar mais um contributo ao debate, sempre de um ponto de vista galego. Prologado por Manuel Mera, o livro procura aprofundar na discussom a respeito de que Europa queremos. Fai-no questionando o modelo neoliberal e apostando polos povos, acreditando em que outras metas som possíveis.

*Radio/televisión
Madrid, 27 xaneiro 2005. - O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodriguez, participa este sábado, 29 de xaneiro, nun debate sobre o Tratado para a Constitución Europea no programa Parlamento de TVE.
Compostela, 28 xaneiro 2005. -
A Radio Galega vai
entrevistar este domingo (apartir das 10.00 horas, ao rredor das 10.15 horas) ao coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera.

*O BNG suspende os contactos co PP por mor da propaganda sobre o Plano Galiza nos medios de comunicación
Compostela, 26 xaneiro 2005. - O coordenador da Executiva Nacional do
BNG, Francisco Jorquera, anunciou a suspensión dos contactos co PP para acadar un pacto social polas infraestruturas mentres non se retire a propaganda sobre o Plano Galiza nos medios de comunicación. “Suspendemos todo contacto co PP mentres a Xunta non retire a propaganda financiada con cartos públicos sobre o Plano Galiza”, salientou Jorquera en rolda de prensa, tras explicar que “non se trata dunha campaña para informar aos cidadáns, senon con fins electoralistas e partidistas pagada cos cartos de todos”.
Jorquera lembrou que a condición expresada polo propio portavoz nacional, Anxo Quintana, para eses contactos a prol do pacto social polas infraestruturas foi situar a cuestión “a marxe de partidismos”, e a campaña da Xunta “non só non suma senon que engade crispación e dificulta a posibilidade dun acordo”.

*Concerto contra a Constitución Europea en Compostela
Compostela, 14 de xaneiro 2005. -
Galiza Nova, organizacion da mocidade do BNG organiza un concerto en Compostela contra a Constitución Europea e por unha Europa dos pobos, solidaria, social e democrática, o próximo sábado 22 de xaneiro na Praza de Mazarelos, en Compostela, a partir das dez da noite no que actuarán os grupos: ITH (rock-Ordes) e Tuzaros(hardcore/metal-Compostela)
Nas próximas datas, Galiza Nova comezará unha intensa campaña informativa entre a mocidade galega, que se levará a cabo por medio dunha campaña gráfica baixo o nome de "As razóns do Non, outra Europa e posíbel" e por suposto por medio de charlas, debates, apresentacións e actos públicos, e tamen festas e concertos por esa outra Europa, por ese outro mundo tan necesarios.

< voltar a novas

Ver anteriores


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!