Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas entre o 17/01/2005 e o 18/01/2005


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns



*O Tratado polo que se estabelece unha constitución para Europa, da carta branca á pena de morte
Redacción, 18 de febreiro 2005. Segundo as últimas informacións achegadas á nosa redacción e despois de contrastar persoalmente a información no propio texto do tratado(www.constitucioneuropea.es), podemos afirmar rotundamente que a chamada “constitución europea” contempla a pena de morte...[ler máis]

*
Adega organiza unha mesa redonda sobre a aplicación do protocolo de Quioto en Galiza
Compostela, 17 de febreiro 2005.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), organiza este sábado entre as 10:30 e as 14:30 h. no edififio da Fundación Caixa Galiza de Compostela (rúa do Vilar, 19) unha mesa redonda a aplicación do protocolo de Qioto en Galiza na que falarán:...
[ler máis]

*
O fiscal pide entre 2 e 3 anos de cárcere por supostas agresións a un axente da garda civil
Redacción, 17 de febreiro 2005. Os feitos aos que nos remitimos ocorreron o pasado 23 de decembro de 2002 durante unha manifestación popular en Silleda na que se pedía a demisión do Presidente da Xunta de Galiza, Manuel Fraga e do que daquela era ministro de fomento, Francisco Alvarez Cascos, pola súa xestión durante a catastrofe do Prestige. Os e as participantes na manifestación...
[ler máis]


*O non podería gañar no referendum do día 20 se se celebrase hoxe
Redacción, 17 de febreiro 2005. A falta tan só de tres días para a celebración do referemdum do Tratado C. europeu o non podería gañar tanto na Galiza coma no estado. Despois das enquisas realizadas por esta casa a pé de rúa en diversas localidades galegas, a opión do non sería a máis escollida, o 21,97% dos enquistados votaría non se o referendum fose hoxe, o 19,21%...[ler máis]

*
Galiza Nova anuncia o seu rexeitamento á celebración do desfile militar na Coruña
A Coruña, 17 de febreiro 2005. A organización das mocidades do BNG, Galiza Nova
ven de anunciar o seu “rexeitamento máis rotundo á celebración do desfile militar”. A organización asegura que “O exército español é...[ler máis]

*
A Xunta Eleitoral Central ten que ampliar o prazo para o voto por correo por falta de participación
Galiza, 17 de febreiro 2005.
En vistas á escasa participación que se rexistrou no voto por correo para o referendum do Tratado Europeu a Xunta Eleitoral Central decidiu apliar o prazo até mañá venres 18 até as 14:00 h. Segundo os datos iniciais que se barallan a porcentexe de votos emitidos por correo sería un 65% máis baixa que nas pasadas eleccións estatais do 14 de marzo do pasado ano.

< voltar a novas

Ver anteriores

Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!