|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
*O
Foro Novo Estatuto apresenta as Bases para un Novo Estatuto para
Galiza Compostela,
21 de febreiro 2005. O
Foro Novo Estatuto
apresenta o vindeiro sabado 26 ás 12 h. No Hotel Araguaney
de Compostela (rúa Alfredo Brañas) as Bases para un
Novo Estatuto para Galiza que foron elaboradas polo un grupo de
expertos que conforman o Foro. Este Foro impulsado polo BNG
leva uns meses traballando na elaboración das Bases que
agora apresentan á sociedade. Máis información
na web do Foro
*Reunión
aberta da Mocidades pola Normalización Lingüística
en Bertamiráns (Ames) Redacción,
21 de febreiro 2005.
As mocidades pola Normalización Lingüística,
colectivo das mocidades da Mesa pola Normalización
Lingüística, organiza para mañá martes
22 ás 18:30 h. unha reunión aberta na Casa da
Cultura de Bertamiráns (Ames). Nela poden participar todos
os mozas e todas as mozas que teñan preocupacións
ou intereses pola situación que está a atravesar o
noso idioma. Máis información na web
dA Mesa
*En
marcha o Proxecto Terra Redacción,
21 de febreiro 2005. O
proxectoterra é
un proxecto didáctico dirixido á Educación
Secundaria Obrigatoria co fin de contribuír a mellorar o
coñecemento que os escolares de Galiza deben ter da nosa
arquitectura e da nosa identidade territorial. Estes cursos de
formación do profesorado teñen como obxectivo o de
“contribuír a que aos nosos escolares se lles dea
unha clara e actualizada proposta de achegamento á
arquitectura, entendendo esta como todas aquelas actuacións
sobre o territorio realizadas por homes e mulleres para acadar
unhas mellores condicións de vida.”....[ler
máis]
*Estrepitoso
fracaso do Psoe no referendum Redacción,
21 de febreiro 2005. O
Psoe suspende no referendum cunha abstención do 56,96% na
Galiza. Os datos no poden ser máis elocuentes tan só
o 34,66% do total do censo galego(800.811 galegos e galegas) da o
seu voto favorábel ao tratado, o resto (1.500.122 de
galegos e galegas) non están dacordo (o 5,2% votou non,
120.219 galegos e galegas), votou en branco (2,77%, 63.945
galegos e galegas) ou non votou (56,96%, 1.315.958 galegos e
galegas)...[ler
máis]
<
voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|