|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa solicita ante o TSXG a execución da sentenza do
topónimo de A Coruña e pide a dedución de
testemuño por desobediencia grave contra Francisco
Vázquez Redacción,
28 de febreiro 2005. Como
parte no proceso, solicita a execución do fallo orixinal
que data de 1994. No marco do proceso xudicial do que é
parte, A Mesa pola Normalización Lingüística
presentou na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal
Superior de Xustiza de Galiza un escrito suplicando a execución
da Sentenza e, así mesmo, a dedución de testemuño
por desobediencia grave contra do alcalde da Coruña, o
socialista Francisco Vázquez...[ler
máis]
*A
associaçom Cultural Alto Minho organiza
un acto sobre a problemática dos asteleiros de
IZAR Redacción,
28 de febreiro 2005.
Este acto é
a primeira duma série de conferéncias
por mor do 10 de Março, Dia da Classe Trabalhadora Galega,
organizados en Lugo pola associaçom
Cultural Alto Minho...[ler
máis]
*Grande
éxito nas III Xornadas da Muller Compostela,
26 de febreiro 2005.
A III Edición das Xornadas da Muller
organizadas pola AS-PG e
CIG-Ensino, rematan
cunha grande acollida, máis de 140 persoas encheron cada
unha das charlas organizadas nestas Xornadas...[ler
máis]
*Conferência
sobre a Questão de Olivença em Palmela Redacción,
25 de febreiro 2005. Por
iniciativa da Sociedade Filarmónica Palmelense «Loureiros»
e Grupo dos Amigos do Concelho de Palmela, realiza-se no próximo
dia 26 de Fevereiro, Sábado, às 17:30 horas, em
Palmela, uma Conferência sobre a Questão de
Olivença. O Presidente do GAO, Dr. António
Marques, desenvolverá o tema «O Sequestro de
Olivença: Ofensa á História, à
Cultura e ao Direito», enquanto o Dr. Carlos Luna, do
COP, se debruçará sobre «A Colonização
Espanhola em Olivença». O Grupo dos Amigos de
Olivença convida todos os seus apoiantes e todos os que se
interessam pela «Questão de Olivença» a
comparecer e participar nesta iniciativa. Máis
información nesta
ligazón
*A
Comisión de Xustiza do Congreso dá luz verde á
Lei de modificación do réxime lingüístico
das inscricións no Rexistro Civil. Redacción,
25 de febreiro 2005. Na
Comisión de Xustiza do Congreso do 23 de febreiro
de 2005 emendouse e deuse vía libre á proposición
de Lei do Senado de modificación do réxime
lingüístico das inscricións no Rexistro Civil.
Estabelécese que nas comunidades autónomas con
lingua distinta do español ‘as follas dos libros
do Rexistro Civil, os impresos, os selos e os sistemas
informáticos deben ser distribuídos impresos en
cada unha das linguas oficiais’...[ler
máis]
*Fraga
propón a eliminación dos “partidos pequenos”
mediante unha “gran colaición PP-PSOE” Redacción,
22 de febreiro 2005.
Segundo o “Presidente da Xunta”, Manuel Fraga, en
“España” existen “ditaduras
demócráticas invisíbeis”, que ao
seu xuízo impoñen as "minorías
estrambóticas e alleas á lealdade constitucional".
Para Fraga a solución pasa polo “modelo alemán”
onde un goberno de “unidade nacional”
conseguiu "limpar o Estado de partidiños
bisagra". Fraga cre necesaria o pacto PP-Psoe para frear
un “goberno inestábel” que promovería o
“rexurdir do separatismo”. Fraga califiaca á
“alianza de civilizacións” lanzada por ZP como
a"entrega ao Islam de España, Israel e
Europa”
* BNG:
Só un de cada tres galegos apoiou o Tratado, porque a
maioría "quer máis Galiza en Europa"
Redacción,
22 de febreiro 2005.
Desta maneira trasladaba o portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, a análise dos resultados do referendum
efectuada na reunión do Comité de Dirección
salientando que só un de cada tres galegos apoiou o
Tratado polo que se Estabelece unha Constitución para
Europa, dato que debería, dixo, “facer
reflexionar ao Goberno central”...[ler
máis]
<
voltar a
novas
Ver
anteriores
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|