|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
*Correos
permite de novo, desde hoxe ao mediodía, ditar
telefonicamente telegramas en galego Redacción,
03 de marzo 2005. Despois
de ter A
Mesa enviado un
comunicado público establecendo o seu malestar pola
recente imposibilidade de facelo. A Sociedade Estatal de
Correos e Telégrafos corrixiu no mediodía do 3 de
marzo a situación que A Mesa denunciara nun comunicado
precedente da mañá do mesmo día...[ler
máis]
*O
Conselleiro de Política Agroalimentaria tamén ve
innecesaria a obrigatoriedade dos contedores para cadáveres
animais Redacción,
03 de marzo 2005. A
medida é responsabilidade do Ministerio de Agricultura,
polo que o SLG solicitou unha entrevista co Delegado do Goberno
para transmitirlle as queixas d@s
labreg@s
afectad@s. A Secretaria Xeral do SLG, Lidia Senra, mantivo onte
–2 de marzo- un encontro con Conselleiro de Política
Agroalimentaria, Xosé Antonio Santiso Miramontes, no que
se trataron, entre outros temas, o da obrigatoriedade de mercar
contedores nas explotacións para depositar os cadáveres
animais non bovinos –ovino, avícola, cabrún,
equino, cunícola, e porcino- ata que veñan
recollelos...[ler
máis]
*Correos
impide que se poidan ditar telegramas en galego
telefonicamente Redacción,
03 de marzo 2005. A Mesa
pola Normalización Lingüística, denuncia que
Correos centralizou o servizo desviando os números que
antes eran atendidos en Galiza a telefonistas que descoñecen
o noso idioma e demanda que o Ministerio de Fomento corrixa esta
situación discriminatoria que non se produce nin co
catalán nin co basco...[ler
máis]
*Comeza
a celebración do día Internacional das Mulleres con
actos na Coruña Redacción,
02 de marzo 2005. A
Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da
Coruña comeza os actos conmemorativos do 8 de marzo, día
Internacional das Mulleres, cunha Mesa Redonda, baixo o título:
Mulleres Traballadoras en Galiza,
o xoves 3 de marzo, na que intervirán...[ler
máis]
*Arroutada!Informa
recopila información para crear un directório de
músicos en lingua galega Redacción,
01 de marzo 2005. A
equipa de Arroutada!Informa leva semansa recopilando información
para a creación dun directório de músicos en
lingua galega. Polo de agora varios grupos e músicos deron
o seu visto e prace para a creación nesta mesma páxina
web dun grande directório onde poder atopar información
de todos aqueles músicos que fagan a súa obra en
lingua galega. Esta iniciativa de promoción da cultura
musical galega está a levarse a cabo de xeito totalmente
gratuito, se tes un grupo, es cantante ou coñeces a alguén
que lle poida interesar formar parte do directório non
dubides en poñerte en contacto con nós
(arroutadainforma@mundo-r.com). O
directório incluirá ademais de información
do grupo ou músico, o contacto e unha canción en
mp3 con letra.
*Na
procura de material para elaborar documental sobre Manuel
María Redacción,
01 de marzo 2005. A
Asociación
de Escritores en Lingua Galega,
a Asociación
Sociopedagóxica galega,
a CIG-ensino
e a Mesa
pola Normalización Lingüística,
promoven a elaboración dun documental sobre Manuel María
dirixido por Margarita Ledo...[ler
máis]
*A
nova web do Banco de España só se pode consultar en
español e en inglés Redacción,
01 de marzo 2005. Unha
nova mostra de discriminación cara os cidadáns do
estado non españolparlantes. Así demostra ZP o seu
talante, por unha banda di “comprometerse” a
incorporar o galego, catalá e euskara, ás web das
adminstracións públicas, e pola outra non da ningún
paso cara adiante neste sentido. Con esta nova web
queda
confirmado o escaso interese de ZP e da administración
estatal polas diferentes linguas do estado.
<
voltar a
novas
Ver
anteriores
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|