Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas entre o 05/03/2005 e o 11/03/2005


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns


*Multitudinaria homenaxe ao desaparecido concelleriro do BNG de Lugo Marcos Cela
Lugo, 11 de marzo 2005. Onte 10 de marzo de 2005, dia da clase obreira galega, faciase un ano da morte de Marcos Cela, para a súa homenaxe os seus compañeiros e compañeiras do Consello Local do BNG de Lugo organizaron un acto por todo o alto.
Nun salón de actos da Escola de Maxistério ateigado até os topes (unhas 200 persoas dentro do salón, sentadas ou de pé e outras tantas fora do salón) os seus compañeiros e compañeiras, familiares, amigos e amigas, quixeron recordar ao desaparecido cun fermoso acto onde...
[ler máis]

*
A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña pecha hoxe os actos de celebración do Día Internacional das Mulleres cunha mesa redonda sobre a situación das mulleres palestinianas.
Redacción, 11 de marzo 2005. O acto será hoxe venres 11 de marzo ás 20:30 h. na Sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda –ACAB- Rúa dos Olmos, nº 16 – 18, 1º andar
, e contarán coas intervencións de Maha Nassar (Presindenta da Unión de Comités de Mulleres Palestinianas) e de Juani Rishmawi (Comités de Traballo para a Saude en Palestina).

*
A Mesa pola Normalización Lingüística celebra Asemblea Xeral de socias e socios mañá sábado 12 de marzo
Redacción, 11 de marzo 2005. A asociación debaterá as estratexias a seguir para facer avanzar o galego nos sectores da banca e do ensino.
A Asemblea será este sábado en Santiago de Compostela, ás dez horas da mañá, na Galería Sargadelos, na Rúa Nova.
No referente á xestión, ás accións desenvoltas durante este ano, dous serán os puntos centrais a tratar...[ler máis]

*Primeiro cabodano do pasamento de Marcos Cela
Redacción, 09 de marzo 2005. Con motivo do primeiro cabodano do pasamento de Marcos Cela, o Consello Local do BNG de Lugo vai organizar un acto de homenaxe que se celebrará o Xoves día 10 ás 20:00 horas no salón de Actos da Escola de Maxisterio de Lugo.
O acto de marcado carácter social centrarase en recordar a figura de Marcos Cela desde distintos ámbitos nos que el traballou ...[ler máis]





*
Máis actos polo 10 de marzo en Lugo
Redacción, 08 de marzo 2005. Dentro dos actos polo 10 de marzo, Alto Minho convoca para hoxe, 8 de marzo ás 20:15 h. Un acto público baixo o título: “IZAR e VALEO - O presente da restruturaçom industrial”...[ler máis]

*A Coordenadora local da Marcha Munidial das Mulleres de Lugo celebra con diversos actos o 8 de marzo
Redacción, 07 de marzo 2005. Nesta data tan sinalada e tan chea de historia a coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres celebra en Lugo unha serie de actos para celebrar esta data.
Os actos escomezarán o propio martes 8 de marzo ás 18:00 horas na Praza Maior e haberá actividades até as 20:30 horas...
[ler máis]

*O sindicato de traballadoras e traballadores do ensino ante a nova lexislación Redacción, 07 de marzo 2005. Segundo este sindicato a incorporación das mulleres ao mundo público avanzou nas últimas décadas, froito da loita das mulleres por acabar coa exclusión á que nos sometera a orde patriarcal. Pero este avance, tan xusto para as mulleres, tan saudable para o conxunto da sociedade, aínda se produce de xeito deficitario e desigual e, sobre todo, a costa do desgaste que supón superar as trabas estruturais e a marxinación simbólica que a sociedade aínda nos tenta impor...[ler máis]

*
Amplísimo respaldo do Consello Nacional do BNG aos informes apresentados polo portavoz nacional, Anxo Quintana
Redacción, 05 de marzo 2005. O Consello Nacional do BNG outorgou un amplísimo apoio aos informes apresentados hoxe, en nome da Executiva, polo portavoz nacional, Anxo Quintana, en relación á situación política criada após o referendo europeu e ao plano de traballo da organización para os próximos meses...
[ler máis]


< voltar a novas

Ver anteriores

Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!