Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas do 14/03/2005


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns



*A CIG rexeita os despedimentos na antiga Norcontrol
Redacción, 14 de marzo 2005.
A Federación Comarcal de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG da Coruña expresa públicamente o seu rexeitamento aos constantes despedimentos de traballadores que se veñen producindo na empresa SOLUZIONA Calidad y Medioambiente (antiga NORCONTROL) –filial de Unión Fenosa- desde a súa recente absorción pola empresa APPLUS, do grupo AGBAR (Augas de Barcelona). Reproducimos a continuación o comunicado ao completo...[ler máis]

*
O SLG expresará mañá o seu fondo malestar co Ministerio de Agricultura a causa da falla total de diálogo coas organizacións agrarias galegas
Redacción, 14 de marzo 2005. O sindicato ofrecerá unha rolda de prensa centrada nos temas da cota láctea e dos prezos do leite, e presentará as súas propostas. Ante os rumores aparecidos en diversos medios de comunicación sobre os trocos que o Ministerio de Agricultura (MAPA) pretende facer na xestión da cota láctea, o Sindicato Labrego Galego decidiu ofrecer mañá unha rolda de prensa para amosar a súa posición neste tema de vital importancia para os labregos e labregas de Galiza.

*
Francisco Rodríguez valora como continuista o primeiro ano de goberno Zapatero

Redacción, 14 de marzo 2005. Rodríguez subliña que, en relación a Galiza, a política do PSOE ten sido continuista coa do PP ao apostar pola propaganda. Para o dirixente nacionalista, o ano do Goberno Zapatero ten luces e sombras. Entre as primeiras, hai que subliñar...
[ler máis]

*
O SLG participa na comisión non permanente especial de estudo da situación da mocidade en Galiza do Parlamento galego
Redacción, 14 de marzo 2005. A exposición feita por Xoán Monasterio, secretario de Organización do Sindicato Labrego Galego, centrouse sobre a problemática que están sofrendo os mozos e mozas que viven no mundo rural galego e sobre todo con cuestións ligadas coas explotacións agro-gandeiras. Reproducimos a continuación a exposición ao completo...
[ler máis]


< voltar a novas

Ver anteriores


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!