Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas do 16/03/2005


Publicidade
Contacto

­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*A Mesa acusa ao Conselleiro de Educación de non ter conciencia cívica e pídelle que termine coas “mentiras e manipulacións”
Redacción, 16 de marzo 2005. Carlos Callón, Presidente da Mesa: “Celso Currás non ten conciencia do valor das normas, por iso consente o incumprimento do decreto de galeguización do ensino”.
A Mesa considera que a Consellaría de Educación é “caricaturesca” ao soster que non ten datos sobre o cumprimento do Decreto e ao mesmo tempo defender que se cumpre ao 100%...
[ler máis]

*O portavoz nacional do BNG apresentará mañá en ferrol o manifesto “recuperar a iniciativa, recuperar a esperanza, recuperar a comarca”
Redacción, 16 de marzo 2005. O portavoz nacional do
BNG, Anxo Quintana, apresentará mañá en Ferrol o manifesto Recuperar a Iniciativa, Recuperar a Esperanza, Recuperar a Comarca, nun acto no que tamén tomará parte o portavoz do grupo municipal e vicepresidente da Deputación, Xaime Bello.
O acto será o xoves 17 marzo, 20.00 horas no Hotel Hesperia (Estrada de Castela 75) de Ferrol.


*ADEGA-Lugo convoca un roteiro polas beiras do Sil
Lugo, 16 de marzo 2005. Será a o domingo 20 e sairase ás 9 da mañá dende a Escola de Maxisterio de Lugo. É impresciníbel anotarse previamente chamando aos Tfnos: 639-664924 (Montse); 982-240299(contestador), o prezo normal será de 10 € , para estudantes, xubilados e no paro 9 € asociados/as 8 € e até 17 anos 3 €. Podes consultar o máis información
descargando aqui o cartel

*A Mesa segue adiante coa súa loita polo cumprimento do decreto 247/95 sobre ensino en galego
Redacción, 16 de marzo 2005. Acusa aos inspectores e inspectoras do ensino de ter unha actitude “neglixente e nugallá” e anuncia que esixirá a comparecencia nos xulgados de todos eles.
Un 68% dos centros de ensino secundario segue sen cumprir os mínimos legais de docencia en galego, segundo un estudo realizado pola asociación de defensa da lingua...
[ler máis]

*
O SLG pídelle a Medio Ambiente a paralización inmediata da orde para fomentar a forestación de terras agrarias
Redacción, 16 de marzo 2005. O desenvolvemento desta nova lei suporá un atranco insalvábel para miles de explotacións agropecuarias en Galiza e dificultará máis aínda a incorporación de xente nova ao agro. O Sindicato Labrego tentará acadar o apoio de Política Agroalimentaria, Política Territorial e Sanidade para que paralicen esta orde...[ler máis]

*O Concello de Lugo denega un ano máis o permiso para a Festa da Carballeira
Redacción, 16 de marzo 2005. O Concello de Lugo ven de denagar novamente o permiso para a organización da Festa da Carballeira. Nun comunicado de prensa enviado polos Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF) do Campus de Lugo denuncian que o Concello (gobernado polo PSOE) non respostou ao permiso até hoxe día 16, o mesmo día no que está prevista a celebración do evento. Como ven sendo habitual dende a denegación do permiso hai xa 3 edicións, agardase que as xentes do Campus e da cidade ateiguen a Carballeira no día de hoxe para celebrar e reivindicar unha festa con 15 anos de historia. Os Comités agardan que o Concello rectifique para o vindeiro ano porque aseguran que a “via do prohibicionismo” non solucionou os problemas que levaron a diexar de organizala, máis ben ao contrario pois agora ao non haber quen a organice tampouco hai quen se responsabilice do que alí poida pasar.
Asi e todo os CAF felicitanse de que tras presionar ao Concello este accedera a clolocación duns “minimos medios” para garantir a hixiene e a seguranza das persoas, aínda que desconfian das boas palabras pois “outros anos cando nos permitian organizala prometeron colaboración e logo non aparecia por ningures” aseguran.


Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!