|
Publicidade Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
SLG pedirá ao Ministerio de Agricultura que mellore o Plan
de Reestructuración do Sector Lácteo Redacción,
31 de marzo 2005. A
organización agraria considera que as novas medidas nacen
mortas e que non garantirán o futuro do sector por caducar
o 31 de marzo de 2006. O
Sindicato Labrego Galego recibiu con esperanza os trocos
introducidos polo Ministerio de Agricultura no sistema de xestión
da cota láctea, aínda que non son a alternativa que
defende o SLG...[ler
máis]
*Lançamento
do livro Vozes do Deserto Redacción,
29 de marzo 2005.
Hoje 29
de Março, Terça-feira, às 20'00 horas terá
lugar na Galeria Sargadelos de Compostela o lançamento do
romance de Nélida Piñon Vozes do Deserto,
publicado por Candeia Editora. No acto
participam a autora, Carmen Villarino, professora titular de
Literatura Brasileira da Universidade de Santiago de Compostela, e
Elias J. Torres Feijó, representando a Editora. O livro
Vozes do Deserto, último romance de Nélida
Piñon, foi editado no seu original por Editora Record no
Brasil, por Círculo de Leitores para Portugal e por Candeia
Editora na Galiza, num acto sem precedentes e dentro da filosofia
e objectivos da Candeia, que pretende achegar às galegas e
galegos as obras dos escritores brasileiros, portugueses e
africanos de língua portuguesa no seu original, sem
qualquer classe de práticas alteradoras. Este caso é
particularmente importante porque a autora, que acolheu com
entusiasmo a ideia proposta por Candeia de fazer entrar a Galiza
em simultâneo com Portugal e o Brasil nesta empresa,
proporcionando todas as facilidades, é, como se sabe, das
mais relevantes e internacionalmente conhecidas autoras do mundo
lusófono.
*Leva
unha rosa a Outeiro. Viaxando con Manuel María Redacción,
28 de marzo 2005.
“Gastarei o meu corpo nos camiños até ser
pó, seixo e silveira,” . Con este vesro de Manuel
María comeza o Manifesto do Poeta Viaxeiro, manifesto
mediate o cal unha serie de agrupacións culturais, baixo a
coordenación do grupo poético Círculos
Líticos nos convocan a facer un percorrido por terras
de Manuel María. Esta homenaxe ao Poeta Nacional terá
lugar o vindeiro 2 de abril e nela ademais do percorrido por
Outeiro de Rei, proxectarase o video Peregrinaxes sobre
viaxes do Poeta desaparecido...[ler
máis]
*Voltamos
despois da semana santa Editorial,
25 de marzo 2005.
En
Arroutada! Tamén collemos vacacións, imos descansar
uns días para coller folgos até a vindeira ponte!.
Voltamos o martes, non deixes de vistarnos e de enviarnos a túa
opinión sobre o novo deseño da páxina.
*O
BNG chama a PP e a PSOE para que non obstaculicen as reformas
legais para asegurar a limpeza do voto emigrante Redacción,
23 de marzo 2005. O Bloque
Nacionalista Galego fai un chamamento ao PP e ao PSOE para que
teñan un comportamento responsábel e cesen de facer
un uso partidista dos recursos públicos para tentar tirar
réditos eleitorais na emigración...[ler
máis]
*Jorquera
lémbralle a Pita que as acusacións de enriquecimento
feitas por López Veiga “aínda están por
seren investigadas” Redacción,
23 de marzo 2005.
O
coordenador executivo do BNG,
Francisco Jorquera, as críticas formuladas onte polo
portavoz do grupo parlamentar do PP, Xaime Pita, ao Código
Ético da formación nacionalista. “En
primeiro termo, gostaría de lembrarlle ao señor Pita
que as acusacións de enriquecimento ilícito de
compañeiros do seu proprio partido...[ler
máis]
*Dous
anos de ocupación en Iraq, dous anos de solidariedadere en
Galiza Redacción,
22 de marzo 2005.
En
coincidencia co segundo aniversario da ocupación do Iraq
polos Estados Unidos e os seus estados aliados, Galiza
Nova, a CIG
e os CAF
coorganizan unha charla en Compostela co lema: "Iraq, dous
anos despois: resistencia fronte á ocupación",
na que intervirá o filósofo e escritor Santiago Alba
Rico. Terá lugar o martes 29, ás 19:30 no Salón
de Graos da Faculdade de Ciencias Políticas de
Compostela...[ler
máis]
*Estamos
de reformas, que che parece o cambio? Editorial,
21 de marzo 2005.
Hoxe sacamos un dos novos cambios que durante os vindeiros meses
poderedes ir apreciando e desfrutando, para unha mellor lectura e
navegación. Agardamos que sexan do voso agrado e esperamos
os vosos comentários e suxestións no noso enderezo
electrónico: arroutadainforma@mundo-r.com
*Quintana,
afirma que este será o “último retiro
espiritual" do Goberno Fraga Redacción,
19 de marzo 2005.
O portavoz nacional do BNG,
Anxo Quintana, pronosticou onte en rolda de prensa que este será
o “ultimo retiro espiritual” do Goberno presidido por
Manuel Fraga, a quen formulou un decálogo de preguntas
sobre os problemas que, ao seu ver, foi incapaz de dar resposta ao
longo de 15 anos. Quintana deu a coñecer ademais as dez
perguntas sen resposta do Goberno Fraga e as 10 respostas do que
será o primeiro goberno nacionalista na historia de
Galiza...[ler
máis]
*O
Foro polo Novo Estatuto para Galiza saca unha campaña para
apoiar o Novo Etatuto Redacción,
18 de marzo 2005.
O
Foro
que duranrte os pasados meses
estivo elaborando as Bases para un Novo Estatuto para galiza lanza
agora unha web onde poderas dar o teu apoio á iniciativa
coa túa sinatura na propia páxina. Non deixes de
visitala e asinar por un Novo Estatuto para Galiza.
*Galiza
Nova da comarca da Coruña exixe un transporte público
axeitado ás necesidades da xente e non excluinte Redacción,
18 de marzo 2005.
O Plano de Transporte Metropolitano asinado en días pasados
pola Xunta e os concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e
A Coruña é calificado de insuficiente e excluínte
por Galiza
Nova (organización
das mocidades do BNG)
da comarca coruñesa. Para darlle resposta a este Plano
durante as vindeiras semanas levaran adiante unha campaña
informativa e reivindicativa baixo o título “Plano
de Transporte Comarcal: Insuficiente. A mocidade quere solucións”
na que exixirán...[ler
máis]
*Arroutada!
Informa estreará durante a semana santa o seu novo
deseño Editorial,
18 de marzo 2005. En Arroutada!, o novo xornal dixital galego,
estamos a traballar para sacar adiante o novo deseño
gráfico da nosa web, unha nova combinación de cores
para unha mellor lectura, así como novas melloras para
facilitar a navegación e a participación irán
aparecendo a partir de semana santa. Tamén ante a demada de
moitos dos nosos usuarios de facernos cun dominio próprio
informamos que estamos xa negociando a contratación. Pronto
poderás ver todas estas melloras, valas perder?
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|