Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas do 06/04/2005


Publicidade
Contacto

­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Quintana aposta polo Pacto Social polas Infraestruturas para “plantarnos unidos ante Madrid”
Redacción, 6 de abril 2005. O camiño para a defensa dos intereses de Galiza perante a elaboración do Plano Estratéxico de Infraestruturas e Transportes (PEIT) non é o da “confrontación eleitoralista estéril”, senón o do Pacto Social polas Infraestruturas para “plantarnos unidos ante Madrid”, afirma através deste comunicado de imprensa o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana.
O líder do BNG cualifica a apresentación das emendas da Xunta ao PEIT de “acto de propaganda partidista pago con fundos públicos”...
[ler máis]

*Os CAF de Lugo organizan as IX Xornadas do Nacionalismo
Redacción, 6 de abril 2005. O Campus de Lugo celebrará da man dos Comité Abertos de Escola e Faculdade (CAF) as IX Xornadas do Nacionalismo. Nesta novena edición os CAF organizan unhas xornadas monográficas sobre a Historia do Nacionalismo Galego. Para a primeira conferencia, titulada O Rexurdimento: unha visión histórica, contarán con Carme Hermida Gulias e será mañá 7 de abril ás 19:00 h. na aula 24 da Escola de Maxisterio. O programa completo...[ler máis]

*A construción dunha pista entre Camelle e Traba destruiría un treito de costa virxe
Redacción, 6 de abril 2005. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) expresa a súa enorme preocupación polos prexuízos ambientais que suporía a construción dunha pista entre Mordomo, en Traba (Laxe), e Camelle (Camariñas), na Costa da Morte. A pista discorrería por un treito costeiro que integrará a Rede Natura 2000e destaca pola súa excepcional paisaxe...[ler máis]

*
A Universidade de Santiago de Compostela acollerá hoxe un acto en defensa da soberanía do pobo cubano
Redacción, 6 de abril 2005. Hoxe 6 de abril a USC acollerá un acto organizado pola Asociación de Amizade
Galego-Cubana “Francisco Villamil”, unha Charla-Coloquio sobre a situación actual dos cinco presos cubanos en Estados Unidos. Contarase cunha visita até a Galiza dunha delegación composta polasfamiliares dos presos Olga Salanueva, Adriana Pérez e Ivette González. O acto internacionalista, de máxima actualidade e urxencia será ás 20:00 horas na Aula 2 da Facultade de Dereito da USC.


Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!