Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas entre o 07/04/2005 e o 08/04/2005

Publicidade
Contacto

­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Quintana asegura que os/as cabezas de lista reflicten “un novo BNG que recolle o mellor da súa tradición e se proxecta cara o futuro”
Redacción, 8 de abril 2005. Bugallo, Tabarés, Adán e Blanco asumen a responsabilidade de traballar para que Galiza conte cun presidente nacionalista. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, valorou o proceso de elección das persoas que encabezan as candidaturas nacionalistas de cara aos próximos comicios autonómicos, que representan a “xeración de galegos mellor preparados”...[ler máis]

*
O Consello Nacional do BNG aproba cun 85% de votos a favor a proposta de cabezas de lista para as galegas
Redacción, 8 de abril 2005. Encabezará a listaxe d'A Coruña Anxo Quintana, candidato á presidencia da Xunta, quen estará acompañado por Ánxela Bugallo, como número dous.
Por Lugo encabezará a candidatura Fernando Blanco, Iago Tabarés será o número un por Ourense, mentres que Carme Adán fará o propio por Pontevedra...
[ler máis]

*
Mercado laboral en Galiza 2004: A taxa de temporalidade sitúase a 31,4 puntos da media da UE
Redacción, 8 de abril 2005.
En 2004, o 44,5% dos contratos de duración determinada foron de menos de 1 mes.
Da análise da situación do mercado laboral en Galiza no ano 2004 tírase que, lonxe de converxer coa UE, diverxemos cada vez máis: a taxa de paro está a 4,6 puntos da media comunitaria, a temporalidade supera en 21,3 puntos á media da UE e asináronse 30.000 contratos indefinidos menos que no 2003. Para a CIG constátase así o fracaso das políticas de emprego da Xunta de Galiza -baseadas en subvencionar a empresas- que non obtiveron ningún dos resultados previstos...[ler máis]

*ADEGA crea unha web sobre o impacto ambiental de ENCE-ELNOSA en Pontevedra
Redacción, 8 de abril 2005. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de crear unha sección na súa web sobre o impacto ambiental do complexo industrial ENCE-ELNOSA, baixo o título “ENCE-ELNOSA fóra da ría de Pontevedra!”. Trátase da primeira páxina ecoloxista sobre a contaminación de CELULOSAS-ELNOSA na ría de Pontevedra. Inclúe noticias, documentación e ligazóns.
..[ler máis]

*
Comezan as II Xornadas de Historia do Nacionalismo en Compostela
Redacción, 8 de abril 2005. O Comité Aberto de Historia, Historia da Arte e Xeografía (CAF) de Compostela organiza as súas II Xornadas de Historia do Nacionalismo, que este ano se centrarán na Historia do Nacionalismo galego. As xornadas desenvolveranse os días 8 e 9 e 22 e 23 de abril na Aula Magna da Facultade de Historia de Compostela e nelas concédese 1 crédito de libre configuración aos/ás asistentes. Ás xornadas apuntaronse preto de 200 persoas. Consulta aqui o programa...
[ler máis]

*O Consello Nacional do BNG reúnese hoxe para rematar o proceso de elaboración das listas
Redacción, 7 de abril 2005. Hoxe ás 19:30 h. o Consello Nacional do BNG reuniráse para concluír o proceso de elaboración do primeiro tramo das candidaturas para as eleccións galegas. Agardaremos pois ao remate da mesma para zanxar o ruxe-ruxe mediático que hai encol das listas do Bloque. Poderás consultalas aqui ao remate da reunión.

*
ADEGA valora positivamente a creación da Confederación Hidrográfica do Miño
Redacción, 7 de abril 2005.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) valora positivamente a moción do Senado adoptada a proposta do senador Anxo Quintana na que se insta ao Goberno “á creación dun novo organismo de conca, coa denominación de Confederación Hidrográfica do Miño, que abranga como ámbito territorial as bacías hidrográficas dos ríos Miño-Sil e a parte galega do Limia”...
[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!