|
Publicidade Contacto Novas......... Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
di que conseguirá o cambio galego "contando con todos,
con diálogo e participación"
Redacción,
13 de abril 2005.
O
portavoz do BNG,
Anxo Quintana, puxo voz a valoración da Executiva Nacional
ao expresar que “lamenta” pero que “respecta e
acata” a decisión adoptada por Xosé Manuel
Beiras de renunciar ao seu cargo de presidente e a ir nas
candidaturas. “Vou seguir o meu camiño con diálogo,
participación, para cumprir co mandato do BNG, e contando
con todos e todas”, aseverou...[ler
máis]
*Emilio
Pérez Touriño queda no “ridículo
máis espantoso” tras a suspensión da
moción do “L” aprobada polo PSOE Redacción,
13 de abril 2005.
A
suspensión xudicial do acordo municipal sobre a
denominación da cidade da Coruña, apoiado só
polo PSOE, veu a dar a razón, máis unha vez, aos
argumentos xurídicos defendidos, entre outras
organizacións, pola Mesa
pola Normalización Lingüística.
O lóxico sería agardar que agora se cumprise a
lexislación, mais é difícil agardar nada dun
delincuente reincidente como Francisco Vázquez, que
desobedece os tribunais, prevarica e malversa fondos públicos
na súa obsesión contra a lingua galega...[ler
máis]
*Elaborado
un documento no que se cuestiona dende un punto de vista técnico
a decisión de afastar o Prestige fronte á de levalo
ao Seno de Corcubión Redacción,
13 de abril 2005.
Un comité independente de técnicos
e científicos elaborou un documento no que, despois de
analizar a información sobre o estado do Prestige e a
meteoroloxía nos días 13 a 17
de novembro, conclúe que a opción mais lóxica
era levalo ao seno de Corcubión. De terse realizado naquel
momento unha avaliación técnica rigorosa sobre a
situación reinante, o Prestige nunca se tería
afastado...[ler
máis]
*Beiras
demite como presidente do Consello Nacional do BNG e renuncia a
formar parte das candidaturas para as galegas
Redacción,
12 de abril 2005. Onte, ás
19:30 h. da tarde, recibiuse na Sede Nacional do BNG
un escrito de Xosé Manuel Beiras dirixido ao portavoz
nacional e aos membros do Consello Nacional e a través do
cal se comunicaba a súa decisión de non formar parte
das candidaturas do BNG ás eleccións galegas e, ao
mesmo tempo, a súa determinación de demitir como
presidente do Consello Nacional, organismo no que permanecerá
como un membro máis dos eleitos pola XI Asemblea Nacional
do BNG...[ler
máis]
*Anxo
Quintana demanda ao PSOE que se una ao BNG na defensa do direito
dos galegos e galegas a coñecer a verdade sobre as
infraestruturas Redacción,
11 de abril 2005. O líder
do BNG,
Anxo Quintana, pensa que un debate na TVG sería o formato
ideal para que os galegos e as galegas coñecesen por que os
sucesivos gobernos centrais non atenden as necesidades do país.
“Caso de que Fraga non quixese acudir, sería útil
que debatísemosTouriño e eu sobre as infraestruturas
para chegar a un compromiso de propaganda cero”
afirma...[ler
máis]
*Apresentación
á comunidade universitaria da ILP pola defensa dos nosos
rios Redacción,
11 de abril 2005. Os Comités Abertos de Escola e
Faculdade (CAF)
do Campus de Lugo organizan para mañá martes 12 ás
12:00 h. na Sala de Xuntas de Veterinaria a apresentación á
Comunicdade Universitaria da ILP pola defensa dos nosos ríos.
Esta iniciativa está a ser desenvolvida por unha plataforma
composta por numerosas organizacións e aínda que os
CAF non forman parte dela, apoian e traballan igualmente na
recolleita de asinaturas e organizando actos coma este no
Campus. Para o acto está previsto que acudan profesores
de todos os centros do Campus que apoiarán esta iniciativa
coa súa asinatura. No acto intervirán un/unha
representante dos CAF así como un/unha representante da
plataforma.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|