Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas entre o 14/04/2005 e o 16/04/2005

Publicidade
Contacto

­
Novas........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*Quintana acusa a Fraga de querer tapar con toneladas de propaganda a súa irrelevancia na política do Estado
Redacción, 16 de abril 2005. Cando eu sexa presidente, Fraga terá que responder desde a oposición de cada euro que se teña gastado irregularmente”
O portavoz nacional do
BNG, Anxo Quintana, acusa hoxe a Manuel Fraga de quere tapar con “toneladas de propaganda” pagadas cos cartos dos contribuíntes “a súa irrelevancia na política do Estado”.
Para o líder nacionalista, resulta un espectáculo “patético” ver ao presidente do Goberno galego “apresentar como único balanzo da súa xestión a súa incapacidade para conseguir que o Goberno do Estado atenda as súas demandas”...
[ler máis]


*Abrirán as comportas do río Xallas e porán a funcionar a fervenza
Redacción, 16 de abril 2005.
Membros de grupos ecoloxistas e de distintas organizacións que forman parte da promotora da INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos abrirán hoxe sábado 16, as comportas da fervenza do río Xallas no Ézaro (Dumbría/Carnota)...[ler máis]

*
O asfalto ameaza as Brañas de Sada
Redacción, 16 de abril 2005.
Hai dúas semanas que as paleadoras municipais están a rechear unha parcela contígua ó espacio natural das Brañas de Sada, ameazando a conservación dunha paraxe de grande interese ecolóxico para o medio-ambiente galego. Segundo indica
ADEGA-Coruña as obras estanse levando a cabo sin os preceptivos informes ambientais...[ler máis]

*O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana visitará no día de hoxe Vilar de Santos e Moaña
Redacción, 16 de abril 2005. Á 13.00 h. o portavoz nacional do BNG intervén na clausura da xornada sobre política de desenvolvimento industrial e parques empresariais organizada polo BNG da comarca de Allariz-A Limia (Salón de Actos do Concello de Vilar de Santos)
Ás 22.00 h. Na cea de recoñecimento aos cargos públicos do BNG durante os 25 anos de concellos democráticos, organizada pola formación nacionalista na comarca do Morrazo (Pavillón Municipal A Xunqueira, en Meira-Moaña) tomarán a palabra Carme Adán, número un do BNG pola provincia de Pontevedra ao Parlamento Galego, e Anxo Quintana.


*
Galiza Nova da comarca da Coruña exixirá mañá 16 de abril un servizo de tren de cercanías para a comarca da Coruña
Redacción, 15 de abril 2005. Este acto está inserido na campaña por un verdadeiro Plano de Transporte Comarcal que a organización xuvenil do BNG está a desenvolver e leva por título “SÚBETE AO TREN!”. O acto pretende pór de actualidade, máis unha vez, unha vella demanda do nacionalismo galego na comarca coruñesa...[ler máis]

*
ADEGA comparece perante a subcomisión do prestige do Congreso dos Deputados
Redacción, 15 de abril 2005. O biólogo ambiental Xabier Vázquez Pumariño, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), compareceu onte perante a subcomisión do Prestige do Congreso dos Deputados. No seu relatorio salientou que o núcleo do problema de contaminacion son os hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAP) que contiña o fuel do Prestige...[ler máis]

*Quintana anuncia que desde a presidencia da Xunta porá en marcha o proxecto “Galiza emprendedora 2005-2009”, para emprestar apoio a emprendedores e autónomos
Redacción, 14 de abril 2005. A Fraga: “Que deixe de chamar ladróns aos demais, é el quen está a roubar o soño de moita xente ao usar fundos públicos non en criar riqueza, senón en financiar a súa campaña eleitoral para lograr unha reelección que, se poña como se poña, ten imposíbel”.
O
BNG vai pór en marcha desde a presidencia da Xunta de Galiza, apartir do próximo mes de Outubro...[ler máis]

*Convócase o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2005
Redacción, 14 de abril 2005. O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con La Voz de Galicia, co Diario de Bergantiños e co Galicia Hoxe, convoca o Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2005. Este premio ten como obxectivos: Promover a reflexión sobre a situación da lingua galega; crear espazos nos xornais para analizar a situación social da lingua galega e promover o uso do galego na prensa escrita.
O prazo de entrega remata o 27 de este mes.
Preme aqui para consultar as bases os completo.

*Unha delegación do BNG encabezada por Anxo Quintana asistirá o venres ao feche de campaña do PNV
Redacción, 14 de abril 2005. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, encabeza a delegación da formación nacionalista galega que asistirá este venres (Bilbao, 20.00 horas, pavillón da Casilla) ao feche de campaña do PNV. O líder do BNG tomará a palabra para dirixir unha breve mensaxe de alento e apoio aos nacionalistas bascos.
Completan a delegación do BNG os adxuntos á portavocía nacional Francisco Jorquera e Ánxela Bugallo.


*
Recollidas xa 8.000 sinaturas a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa dos ríos galegos
Redacción, 14 de abril 2005.
A campaña a favor da INICIATIVA para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos botou a andar o día 10 de marzo co reparto de pregos para a recolla de sinaturas. A un mes de andaina xa se recolleron arredor de 8.000, máis da metade das sinaturas precisas (15.000) para que sexa debatida no Parlamento Galego. A Lei quere asegurar un futuro con vida para os ríos galegos.
Alén disto convocan pata hoxe ás 11:00 unha concentración diante do organismo de Augas de Galicia...
[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!