|
Publicidade Contacto Novas........ Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Quintana
critica que Fraga xoga coa data eleitoral en función de
“intereses partidistas e persoais” Redacción,
19 de abril 2005. Adianta
n’A Coruña a intención de criar unha
Consellaría da Vivenda que parta da realidade de Galiza ter
o parque de vivendas abandonado e en ruínas maior de
Europa. O portavoz nacional do
BNG, Anxo
Quintana, acusou hoxe ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, de
utilizar a data eleitoral en función dos seus intereses
persoais como candidato e en función da conveniencia
partidista do PP, fiel reflexo dun político que “concibe
as institucións como chiringuitos de uso particular”...[ler
máis]
*Grande
éxito na segunda edición do Aprender para Educar de
Lugo Redacción,
19 de abril 2005. Onte foi a primeira das conferencias do
programa de formación para pais e nais Aprender para Educar
organizado pola AS-PG,
para a que contaron con Hipólito Puente Carracedo (Doutor
en Psicoloxía, Licenciado en Pedagoxía e
orientador). A conferencia foi todo un éxito ao quedar
pequeno o Salón de Actos do Centro Socio-Cultural Uxío
Novoneyra, 100 persoas sentadas e unhas 30 e pé desfrutaron
de esta conferencia sobre autoestima e aprendizaxe. Hoxe contan
con Manuel Pedrosa Agrasar ((Licenciado en Psicoloxía e
ensinante) para unha conferencia titulada: O tempo de lecer: O
xogo, o xoguete, a televisión...[ler
máis]
*O
SLG pide a Política Agroalimentaria un encontro urxente
coas organizacións agrarias para informar da Conferencia
Sectorial do Leite Redacción,
19 de abril 2005. O Sindicato
Labrego esixirá ao Ministerio de Agricultura que
manteña a base territorial das explotacións e a
discriminación positiva de xénero como criterios de
puntuación para establecer prioridades. O
SLG esixe que o Conselleiro de Política Agroalimentaria,
José Antonio Santiso Miramontes, convoque inmediatamente ás
organizacións agrarias galegas representativas para
informar sobre a Conferencia Sectorial do Leite celebrada, onte en
Palma de Mallorca, ao redor do Plan de Reestruturacion do Sector
Lácteo do Ministerio de Agricultura...[ler
máis]
*O
BNG de Frades convoca un acto público baixo o título:
“A Reducción dos Servizos Sanitarios nos concellos
rurais. O
Servizo de Pediatría de Frades” Redacción,
19 de abril 2005. O BNG de
Frades pretende analisar as gráves repercusións
que o desmantelamento dos Servicios Sanitarios xera nos concellos
rurais (caso do Servizo de Pediatría en Frades) con este
acto. Será o xoves 21 de abril ás 21:30 h. no
Local Social da AAVV de Rexente, Gafoi e Ponte Carreira (Frades) e
nel intervirán: Dna. María Soidade García
Freire, Portavoz Municipal do BNG de Frades e D. Xosé
Francisco Ferreiro Abelleira, Deputado do BNG no Parlamento
Galego.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Publicidade
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|