Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas do 19/04/2005

Publicidade
Contacto

­
Novas........
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*O EAJ-PNV EA gañan as eleccións en Euscadi com 29 escaños, o EHAK-PCTV consegue 9
Redacción, 18 de abril 2005. Na xornada electoral de onte en Euskadi foi a coalición EAJ-PNV EA quen conseguiron a victoria ao obter 29 escaños, a subida máis espectacular foi para o EHAK-PCTV que pese a ser ao seus primeirso comicios obtiveron 9 escaños. Os grandes derrotados foron novamente os populares ao obter o PP 15 escaños, 4 menos que no 2001. ARALAR entra no paarlamento cun escaño e EB mantense con tres, o PSOE obten 18.

*
Anxo Quintana entrevistaráse na tarde de hoxe co embaixador de Cuba
Redacción, 18 de abril 2005. Na tarde de hoxe Anxo Quintana, entrevistaráse co embaixador de Cuba, Alberto Velasco. A entrevista será na Sende nacional do
BNG ás 17:00 h.


*
Homenaxe do Morrazo ao poeta Manuel María
Redacción, 18 de abril 2005. O
s días 21, 22 e 23 de abril de 2005 no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar unha nova Homenaxe ao poeta nacional, Manurel María. O acto constará de tres partes, unha Mesa Redonda, Manuel María, poeta nacional, un Recital Poético e un Concerto, segue a ler para consultar con máis detalle o programa...[ler máis]

*
Quintana advirte de que Fraga responderá como xefe da oposición até do último euro con cargo ao erario público gastado en financiar a súa campaña eleitoral
Redacción, 18 de abril 2005.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, advirtiu o pasado dia 16 en Vilar de Santos ao presidente da Xunta que, unha vez que pase á oposición, “responderá até do último euro con cargo ao erario público gastado en financiar a súa campaña eleitoral”...[ler máis]

*A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha nova folga no ensino para o 19 de maio
Redacción, 18 de abril 2005. O incumprimento do decreto que estipula as oras mínimas de docencia en galego na secundaria é un dos motivos que levan á organización das mocidades da Mesa á convocar un novo paro en secundaria para o vindeiro 19 de maio, igual que se fixera no 2004. Entre os obxectivos que pretenden acadar é o pleno cumprimento do decreto e a aplicación para o vindeiro curso do 50% da docencia en galego tal é como se di no Plan Xeral de Normalización, aprobado recentemente no Prlamento galego.

*Reunión aberta da Mesa pola Normalización Lingüística no Barbanza
Redacción, 18 de abril 2005. Será o venres 22 de abril ás 20:00 h. na Sociedade Liceo Marítimo (avda. do Malecón, 2) de Ribeira. Máis información na
web da Mesa.

*
O Consello Nacional do BNG aproba por unanimidade a proposta de resolución apresentada por Anxo Quintana e insta á militancia a continuar a traballar polo cambio galego
Redacción, 18 de abril 2005. O Consello Nacional do BNG aprobou esta mañá por unanimidade a proposta de resolución apresentada, en nome da Executiva Nacional, por Anxo Quintana nunha reunión que apenas durou unha hora e que tivo como único ponto na súa orde do día a recepción por parte do organismo da renuncia de Xosé Manuel Beiras á presidencia...
[ler máis]

*
Quintana anuncia que un goberno nacionalista oferecerá “solo industrial a baixo prezo”
Redacción, 18 de abril 2005.
“A actual política da Xunta en materia de solo industrial é unha política dirixida a facer negocio con prezos prohibitivos e non favorece o crecimento do sector industrial”.
A Xunta de Galiza debe modificar a súa política de solo industrial e parques empresariais para que deixe de estar orientada a “facer negocio sobre a base da venda de parcelas a prezos prohibitivos” e teña, en cambio, o obxectivo de favorecer a instalación de empresas e a criazón de riqueza...
[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores


Publicidade

Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!