|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Homenaxe
a Manuel María *Na
procura de material para elaborar documental sobre Manuel
María
Redacción,
01 de marzo 2005. A
Asociación
de Escritores en Lingua Galega, a Asociación
Sociopedagóxica galega, a CIG-ensino
e a Mesa pola Normalización
Lingüística, promoven a elaboración dun
documental sobre Manuel María dirixido por Margarita
Ledo.
Estas organizacións pretenden recoller imaxes
-en vídeo, en súper 8, en fotografía...-
para construír unha película, así como tamén
gravacións en audio da súa voz (lectura de poemas,
conferencias, entrevistas...)
da súa
andadura por todo o país, e fan chamado urxente a todas as
persoas que teñan nos seus arquivos persoais unha
gravación, unha foto, un debuxo, calquera documento visual
ou sonoro de Manuel María para que se poñan en
contacto a través do telefone 687 614 874 ou do correo
electrónico (manuelmaria@as-pg.com)
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|