|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Ánxela
Bugallo afirma que Galiza non atopa solucións “nen na
crispación sen credibilidade de Fraga nen no talante sen
compromiso de Zapatero”
Redacción,
1 de abril 2005. “Só
unha forza política que responda exclusivamente aos
intereses de Galiza e non a estratexias ditadas desde Madrid pode
traer o cambio que precisa o país”. Bugallo valora
así o recente cruzamento de reproches entre os presidentes
do Goberno español e galego, aos que reconvén polo
que considera “incapacidade para manter un mínimo
nível de interlocución e diálogo”,
que sen dúbida é necesario para resolver os
problemas de Galiza. “PPdeG e PSdeG están a demostrar
que se moven exclusivamente en funcións das estratexias
eleitorais que se marcan desde Ferraz e Génova. Se teñen
que sacrificar en función desas estratexias un certo nível
de diálogo e interlocución entre os gobernos galego
e central, fano sen dubidar nen un momento. Non é así
como se serve os intereses do país”, considera a
adxunta á portavocía nacional.
En opinión de Ánxela
Bugallo, só unha forza política que responda
exclusivamente aos intereses de Galiza, e que teña aquí
os seus centros de decisión, “pode traer o cambio que
precisa o país”.
Para a dirixente
nacionalista, a crispación de Fraga “carece de
credibilidade”, porque “ninguén pode esquecer
neste país o silencio cúmplice do presidente da
Xunta durante os anos de Goberno Aznar”. Bugallo critica
tamén ao PSdeG porque na época do goberno PP “si
acompañou ao BNG na defensa dos intereses de Galiza e
agora, en troca, cala ante a evidencia de que o Goberno central
nos discrimina a respecto doutras comunidades autónomas. É
mágoa que o PSdeG antepoña a sumisión ao PSOE
de Madrid aos intereses de Galiza”.
A tamén
membro do Comité de Dirección do BNG amosa a súa
convición de que os galegos e as galegas rexeitan “o
intercambio de papeis” que PP e PSOE protagonizan na
política galega. “Sempre son reivindicativos
cando están na oposición no Estado. Sempre son
sumisos con Madrid cando gobernan no Estado. A xente comeza a
estar moi fartiña deste xogo que tanto dana os intereses da
nosa nación”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|