Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google







Día Internacional da Mulleres

*
Comeza a celebración do día Internacional da Mulleres con actos na Coruña


Redacción, 02 de marzo 2005. A Coordenadora Comarcal da
Marcha Mundial das Mulleres da Coruña comeza os actos conmemorativos do 8 de marzo, día Internacional das Mulleres, cunha Mesa Redonda baixo o título: Mulleres Traballadoras en Galiza, o xoves 3 de marzo, na que intervirán Lidia Senra (Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego) Marisol Arnoso (Patrona Maior de Barallobre) Mercedes López (Traballadora do téxtil) Míriam Pantoja (Presidenta da Organización de Emigrantes AMESPA).



O acto será o día 3 de marzo ás 20:30 h. na Sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda –ACAB- (Rúa dos Olmos, nº 16 – 18, 1º andar, A Coruña).

Tamén están previstos para a comarca da Coruña, o propio día, martes 8 ás 20:00 h. unha concentración no Obelisco, e outra Mesa Redonda para o venres 11 ás 20:30 h. baixo o título: A Situación das Mulleres Palestinianas.



< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!