Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*Os C.A.E. opóñense ao anteproxecto de Lei Orgánica de Educación presentado polo goberno do PSOE


Redacción, 2 de abril 2005. Os Comités Abertos de Estudantes, como organización máis representativa nos centros de ensino medio de Galiza, cren que este proxecto non contribuirá a solucionar os problemas e deficiencias do ensino público galego, senón que os agravará, pois boa parte das "novidades" que contén son claramente regresivas, moitas das cales poderían ser perfectamente asumidas polo anterior goberno do PP.

Os C.A.E. qu
eren denunciar
“a hipocresía do PSOE que asume boa parte dos contidos da Lei de Calidade para a súa propia reforma”. Poñen por exemplo, o anúncio da supresión dos itinerarios, ainda que estes existirán na práctica en 4º de ESO (dividirase aos alumnos entre os destinados a F.P. e a Bacharelato) e mesmo antes, cando se di que poderán desdobrarse grupos en diferentes aulas con distintos niveis, apostando, de novo, pola segregación, aseguran. Implántanse tamén dúas reválidas (aos 10 e aos 14 anos), teoricamente sen valor académico, e mantense a selectividade, que mesmo podería endurecerse ainda máis.

Outro dos aspectos nos que o actual goberno se identifica co seu antecesor é no seu compromiso co ensino concertado, que seguirá a ser enormente subvencionado e gozará ainda de máis vantaxes por parte da administración, segundo indican os C.A.E.
Estes opoñense tamén a que se siga a obrigar aos centros públicos a ofertar a materia de relixión, contradicindo a suposta aconfesionalidade do Estado e servindo os intereses dunha determinada institución relixiosa, en concreto a Igrexa Católica. No entanto, segue sen definirse cal será a alternativa a esta "materia" e se esta alternativa será evaluábel. Outro dos aspectos máis controvertidos da LOCE, como a elección dos directores pola administración, mantense na práctica, e mesmo o baleirado de competencias do Consello Escolar en favor da persoa do director tamén é asumido polo actual goberno, indican, potenciando así un modelo de xestión nos centros máis autoritario e menos democrático ainda. Tamén como no caso da LOCE, botan en falta de novo un Plano Extraordinario de Financiamento que acompañe este reforma.

Por último, denuncian unha nova recentralización educativa, pois as novas reválidas serán un exame común a todo o Estado (co que se uniformizarán os temarios), e ademais coa desculpa de "potenciar a cohesión territorial" volveranse invadir competencias autonómicas para promover un modelo de ensino ainda máis desgaleguizador. Ante isto, fan un chamamento ao estudantado galego a organizarse contra esta nova agresión, e anuncian que volveran sair á rúa de non ser amplamente modificado este anteproxecto e se seguen a obviarse as demandas do estudantado do noso país por un ensino galego, público, democrático e de calidade.

Voltar a novas

Ver anteriores