Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores



*
A Universidade da Coruña edita glosarios para facilitar o uso do galego en seis carreiras


Redacción, 2 de abril 2005. O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña presentou hoxe os seis primeiros volumes dunha nova colección de manuais terminolóxicos específicos para as áreas de Arquitectura, Dereito, Bioloxía, Fisioterapia-Podoloxía-Enfermaría, Económicas-Empresariais e Informática.

Segundo explicou a directora deste Servizo, Goretti Sanmartín, esta iniciativa forma parte dunha campaña máis amplia dirixida ao profesorado, que pretende facilitar o seu traballo nas aulas.

Goretti Sanmartín explicou que, ademais da edición destes volumes, se impartirán obradoiros durante o mes de abril, para os que xa están inscritos máis dun cento de profesores e profesoras, a pesar de que non é necesaria a inscrición previa. A Universidade da Coruña prevé publicar proximamente outros seis manuais.

A directora do Servizo de Normalización Lingüística sinalou que a intención "é cubrir todos os ámbitos científicos e ver as necesidades do profesorado", colectivo onde, segundo recordou, é escaso o uso do galego. Un recente estudo da Universidade da Coruña cifra nun 12 por cento o profesorado que emprega esta lingua nas súas aulas.


*Nova tirada da
páxina de A Masa pola Normalización Lingüística

Voltar a novas

Ver anteriores