|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
O
SLG ante as medidas do Ministerio de Agricultura *
O
Conselleiro de Política Agroalimentaria tamén ve
innecesaria a obrigatoriedade dos contedores para cadáveres
animais
Redacción,
02 de marzo 2005. A
medida é responsabilidade do Ministerio de Agricultura,
polo que o SLG solicitou unha entrevista co Delegado do Goberno
para transmitirlle as queixas d@s
labreg@s afectad@s
A Secretaria Xeral do SLG, Lidia
Senra, mantivo onte –2 de marzo- un encontro con
Conselleiro de Política Agroalimentaria, Xosé
Antonio Santiso Miramontes, no que se trataron, entre outros
temas, o da obrigatoriedade de mercar contedores nas explotacións
para depositar os cadáveres animais non bovinos –ovino,
avícola, cabrún, equino, cunícola, e
porcino- ata que veñan recollelos.
Esta
medida impúxose como condición para poder contratar
seguros que cubran a retirada de animais mortos nas explotacións,
e foi duramente criticada polo Sindicato Labrego por ser
totalmente innecesaria e supoñer un incremento notábel
dos gastos para as explotacións afectadas (un só
contedor custa entre 600 e 850 euros). Isto provocou varias
manifestacións do sector ovino -organizadas polo SLG entre
xaneiro e febreiro- ante as delegacións de Política
Agroalimentaria en Lugo, Ourense e Pontevedra.
No
encontro, Santiso Miramontes afirmou que a Consellaría de
Política Agroalimentaria tamén está en
contra de que se lles obrigue ás explotacións
gandeiras a mercar contedores. Non embargante, o Conselleiro
declarou a imposibilidade de actuar da Xunta, xa que as
condicións para contratar os seguros agrarios son
competencia do Ministerio de Agricultura, que é quen as
impón. Por esa razón, o Sindicato Labrego solicitou
unha reunión co Delegado do Goberno en Galiza, Manuel
Ameijeiras, para transmitirlle toda esta problemática e
instar ao Ministerio de Agricultura que retire esta medida
obrigatoria que tanto vai prexudicar ás explotacións
gandeiras de Galiza.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|