|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Respaldo
a Anxo Quintana *Amplísimo
respaldo do Consello Nacional do BNG aos informes apresentados
polo portavoz nacional, Anxo Quintana
Redacción,
05 de marzo 2005. O Consello Nacional do BNG
outorgou un amplísimo apoio aos informes apresentados
hoxe, en nome da Executiva, polo portavoz nacional, Anxo
Quintana, en relación á situación política
criada após o referendo europeu e ao plano de traballo da
organización para os próximos meses.
O
primeiro dos informes, o relativo á situación
política criada após o referendo europeu, recolleu
61 votos a favor (o 84,7 por cento) e só 11 abstencións
(o 15,3 por cento). O segundo, o que atinxe ao plano de traballo,
foi aprobado por unanimidade.
O
Consello Nacional cualificou como moi positiva a campaña
despregada polo BNG con motivo do referendo e valorou
nomeadamente a aposta pola información e o debate
protagonizada polo portavoz nacional, Anxo Quintana.
O
Consello Nacional entende que só o BNG fixo unha campaña
a favor do coñecimento por parte da cidadanía do
contido do Tratado e das súas consecuencias para Galiza
como nación.
A
respeito do Plano de Traballo, o Consello Nacional entende que as
tarefas políticas esenciais dos próximos meses para
o nacionalismo é continuar a traballar na consecución
do Cambio Galego que a cidadanía demanda, desde a
convición de que só un presidente nacionalista
garante o cambio que a maioría da sociedade galega desexa.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|