|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
construción dunha pista entre Camelle e Traba destruiría
un treito de costa virxe
Redacción,
6 de abril 2005. A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
expresa a súa enorme preocupación polos prexuízos
ambientais que suporía a construción dunha pista
entre Mordomo, en Traba (Laxe), e Camelle (Camariñas), na
Costa da Morte. A pista discorrería por un treito costeiro
que integrará a Rede Natura 2000e destaca pola súa
excepcional paisaxe,
ao
se atopar nun estado de presión urbanística “cero”
e sen accesos ao tráfico de vehículos. Para ADEGA, a
construción desta pista, impulsada pola Consellería
de Política Territorial a demanda dos Concellos de Laxe e
de Camariñas, sería unha grave agresión
ambiental.
O
tramo afectado, de case tres quilómetros, mantén un
camiño carreteiro en moi bo estado de conservación,
existindo moitos treitos que discorren sobre lousas de pedra co
raíl labrado polos carros. A zona que atravesa este camiño
caracterízase por un mosaico de peches ou valados. A acción
humana sobre o medio natural xerou unha paisaxe de grande interese
e beleza, cuxas orixes se remontan á epoca castrexa e que
garda
moitas semellanzas con outros vestixios deste tipo de paisaxes que
se conservan ao longo da fachada atlántica europea
(Irlanda, costas bretonas, Normandía).
ADEGA
empraza aos responsábeis políticos a que consulten a
especialistas en ordenación do territorio, en dinamización
e promoción turística, en arquitectura da paisaxe, e
se dean conta así do fatal erro estratéxico que
suporía esta intervención agresiva. O futuro pasa
por aproveitar unha marca de renome como é a “ Costa
da Morte”, con paisaxes cara ao Atlántico cases
intactas como a do tramo entre Camelle e Traba, con valiosos
elementos naturais, culturais, etnográficos e
gastronómicos. Por exemplo, a costa de Normandía non
vive do turismo de sol e praia senón precisamente do
turismo que aproveita uns recursos semellantes aos da Costa da
Morte. Cómpre promover accións que incrementen o
tempo de estadía dos visitantes, no canto de favorecer
visitas dunha soa xornada que é a que propicia o sistema de
visita en coche.
ADEGA
propón que se recapacite sobre este proxecto, se abra un
concurso de ideas no que participen especialistas, e que o
investimento a realizar vaia encamiñado a fortalecer
estratexias de aproveitamento do medio que beneficien directamente
á poboación residente na zona.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|