Arroutada!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

­
Novas
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*
Os CAF de Lugo organizan as IX Xornadas do Nacionalismo


Redacción, 6 de abril 2005. O Campus de Lugo celebrará da man dos Comité Abertos de Escola e Faculdade (CAF) as IX Xornadas do Nacionalismo. Nesta novena edición os CAF organizan unhas xornadas monográficas sobre a Historia do Nacionalismo Galego. Para a primeira conferencia, titulada O Rexurdimento: unha visión histórica, contarán con Carme Hermida Gulias e será mañá 7 de abril ás 19:00 h. na aula 24 da Escola de Maxisterio. O programa completo ficaría así:

IX Xornadas do Nacionalismo do Campus de Lugo

Historia do Nacionalismo Galego:

-O Rexurdimento: unha visión histórica, Carme Hermida Gulias;
xoves 7 de abrlil ás 19:00 h. na aula 24 da Escola Maxisterio

-Xurdimento do Nacionalismo como movemento político: O Agrarismo, a Confederación Rexional de Agricultores Galegos e As Irmandades, Xosé Ramón Veiga Alonso;
martes 12 de abril ás 19:00 h. no Salón de Actos da Faculdade de Humanidades

-O Nacionalismo galego na II República, Emilio Grandío Seoane;
martes 19 de abril ás 18:00 h. no Salón de Actos da Faculdade de Humanidades

-A represión franquista na Galiza, caso concreto: Lugo, María Xesús Souto Blanco;
xoves 28 de abrlil ás 19:00 h. na aula 24 da Escola Maxisterio



Voltar a novas

Ver anteriores