|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
O
sindicato e a nova lexislación *O
sindicato de
traballadoras e traballadores do ensino ante a nova lexislación
Redacción,
07 de marzo 2005. Segundo
este sindicato a
incorporación das mulleres ao mundo público avanzou
nas últimas décadas, froito da loita das mulleres
por acabar coa exclusión á que nos sometera a orde
patriarcal. Pero este avance, tan xusto para as mulleres, tan
saudable para o conxunto da sociedade, aínda se produce de
xeito deficitario e desigual e, sobre todo, a costa do desgaste
que supón superar as trabas estruturais e a marxinación
simbólica que a sociedade aínda nos tenta impor. A
realidade dá moito de si. No caso das mulleres, permítenos
celebrar todo o que avanzamos, ao tempo que continuar sufrindo a
violencia machista nas súas múltiplas formas:
contratos eventuais e a tempo parcial, menor salario, asasinatos,
invisibilización, obxectualización nos medios de
comunicación e un longo etcétera que inclúe
a situación estrema de marxinación e explotación
sexual dunha grande parte das mulleres inmigrantes. Para
modificarmos esta situación, son precisas mudanzas en
todos os ámbitos: lexislativo, económico, laboral,
social e cultural.
Desde
o STEG apoian a recente Lei de Prevención contra a
Violencia de Xénero, e numerosas propostas de
STEs-Intersindical ao Capítulo Educativo foron apoiadas
polo Consello Escolar do Estado.
Nos meses vindeiros
vaise debater no Congreso a modificación da Lei de
Conciliación da Vida Laboral e Familiar. Desde a Asemblea
de Mulleres do STEG ven necesario avanzar neste tema e, por isto,
estan levando adiante unha campaña por todos os centros de
ensino non universitario de Galiza que leva por lema: “Permiso
de Maternidade, así se concilia”, para favorecer
a conciliación persoal e laboral, así como a
corresponsabilidade.
Para o sindicato e
preciso que os gobernos central e galego se comprometan na nova
Lei con verdadeiros avances, distinguindo claramente o que son
políticas de familia e políticas de mulleres,
achegándose tamén neste tema, á situación
dos países do noso entorno: ampliación dos permisos
por maternidade e lactancia, mellora e difusión do permiso
específico de paternidade, flexibilidade de horarios
laborais, creación de infraestruturas e recursos sociais
para atender ás persoas dependentes, etc. E tamén
para isto é precisa a corresponsabilidade dos homes no
ámbito doméstico, porque se non imos a medias, se
cadra outro mundo sexa posíbel pero, no entanto, este, o
diario e cotián noso, seguirá sendo un ámbito
de explotación, apropiación e inxustiza para as
mulleres.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|