|
Contacto Novas.......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Dia
Internacional das Mulleres *A
Coordenadora local da Marcha Munidial das Mulleres de Lugo
celebra con diversos actos o 8 de marzo
Redacción,
07 de marzo 2005. Nesta
data tan sinalada e tan chea de historia a coordenadora local da
Marcha Mundial das Mulleres celebra en Lugo unha serie de actos
para celebrar esta data. Os actos escomezarán o propio
martes 8 de marzo ás 18:00 horas na Praza Maior e haberá
actividades até as 20:30 horas.
AS NOSAS POETISAS E
ESCRITORAS GALEGAS: Lectura de poemas dunha escolma da literatura
das nosas mulleres lida polas mulleres que esa tarde se acheguen
até a praza. Os poemas van ser lidos por mulleres de
distintas nacionalidades na súa propia
lingua.
ACTUACIÓNS: Haberá grupos de
música, cantareiras e conracontos que farán desta
tarde reivindicativa unha verdadeira festa. Pola tarde haberá
chocolate e biscoitos para pasar o tempo da forma máis
agradábel.
CEA DE MULLERES. Anímate a pasar
unha noite con nós. Cea
de celebración do 8 de marzo.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|