|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*ADEGA
valora positivamente a creación da Confederación
Hidrográfica do Miño
Redacción,
7 de abril 2005.A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
valora positivamente a moción do Senado adoptada a proposta
do senador Anxo Quintana na que se insta ao Goberno “á
creación dun novo organismo de conca, coa denominación
de Confederación Hidrográfica do Miño, que
abranga como ámbito territorial as bacías
hidrográficas dos ríos Miño-Sil e a parte
galega do Limia”.Para
ADEGA, tan importante como a súa creación é
que a nova confederación asuma outra cultura en relación
á planificación e á xestión
hidrolóxica acorde cos principios do desenvolvemento
sostíbel e coa Directiva europea Marco da Auga.
Como
asociación ecoloxista seguiremos reclamando outra
sensibilidade e outra cultura en relación á
planificación e á xestión hidrolóxica
na que, -tal e como se propón na Iniciativa Lexislativa
Popular (ILP)
en defensa dos ríos para a que se están a recoller
sinaturas en toda Galicia-, “a conservación do
patrimonio natural fluvial, incluíndo a biodiversidade de
flora e fauna dos ríos galegos, así como o
patrimonio etnográfico e histórico-cultural
relacionado” sexa unha “clara prioridade de
interese xeral”.
ADEGA reclama que na
Confederación Hidrográfica do Miño haxa unha
representación adecuada dos usuarios interesados na
conservación do patrimonio dos ríos e na xestión
sostíbel da auga e que non sexan as empresas eléctricas
e as construturas as que determinen a súa política.
Debe prevaler o interese xeral sobre o negocio privado.
ADEGA
entende tamén que se debe producir canto antes a
transferencia íntegra á Xunta de todas as
competencias sobre os ríos e as bacías de Galicia. E
non só porque Galicia teña o mesmo dereito que
Cataluña a estas competencias, senón tamén
porque, en primeiro lugar, resulta totalmente irracional (e, en
moitos casos, até inxusto) que no mesmo territorio poida
haber criterios e modelos dispares á hora da planificación
e da xestión hidrolóxica: Galicia-Costa, por un
lado; e o Miño, o Sil, o Navia, o Eo, o Limia ou o Támega,
por outro.
Na ILP en defensa dos ríos, que ADEGA
está a impulsar xunto con outras organizacións,
inclúese unha disposición transitoria que establece
que “a Xunta xestionará a transferencia para Galiza
das competencias en materia de planificación hidrolóxica
nas bacías dos sistemas Miño-Sil, Limia e Támega,
como paso previo á configuración das correspondentes
demarcacións territoriais nas que deberá participar
o Minho e o Douro portugués”. (O Támega é
afluente do Douro).
A
creación da nova confederación ten todo o sentido xa
que a realidade da bacía Miño-Sil é ben
diferente á do resto das concas do norte de España.
Isto condiciona que, por exemplo, se se trata
de aproveitamentos hidroeléctricos, nada de sustentábel
e de xusto pode ter que teñamos que seguir sacrificando o
que queda de mellor conservado dos nosos ríos cando os
nosos ríos, os nosos montes, o noso solo e o noso aire xa
teñen pagado impactos dabondo. Ou se se trata de protección
e impactos ambientais, nada que ver a xestión dos ríos
do resto das concas do Norte cos daquelas que, coma no caso de
Galiza, depende a riqueza pesqueira das nosas rías e boa
parte da produción das terras agrarias.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|