|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*ADEGA
crea unha web sobre o impacto ambiental de ENCE-ELNOSA en
Pontevedra
Redacción,
8 de abril 2005. A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA)
vén de crear unha sección na súa web sobre o
impacto ambiental do complexo industrial ENCE-ELNOSA, baixo o
título “ENCE-ELNOSA
fóra da ría de Pontevedra!”. Trátase
da primeira páxina ecoloxista sobre a contaminación
de CELULOSAS-ELNOSA na ría de Pontevedra. Inclúe
noticias, documentación e ligazóns.
O
complexo CELULOSAS-ELNOSA é un dos principais focos de
contaminación industrial do país. A súa
ubicación en Lourizán, no fondo da ría de
Pontevedra, é claramente inadecuada, polo que a Asociación
para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) sempre defendeu
o peche deste complexo industrial na súa localización
actual.
Na última asemblea xeral de ADEGA, celebrada
en Carballo o 13 de marzo pasado, foi aprobada por unanimidade
unha resolución nas que se esixe aos Ministerios de Medio
Ambiente e de Fomento “o cesamento da actividade industrial
de ENCE na ría, un cesamento de actividade que ten que se
producir con anterioridade ao 2018, pois a recuperación da
ría, a saúde humana e a calidade de vida non poden
agardar por máis tempo” Por iso ADEGA identifícase
coa campaña desenvolvida pola Asociación pola
Defensa da Ría (APDR) baixo o lema “2018? Non
gracias. Fóra da ría xa!”.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|