|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*O
Consello
Nacional do BNG aproba cun 85% de votos a favor a proposta de
cabezas de lista para as galegas
Redacción,
8 de abril 2005.
Encabezará
a listaxe d'A Coruña Anxo Quintana, candidato á
presidencia da Xunta, quen estará acompañado por
Ánxela Bugallo, como número dous. Por Lugo
encabezará a candidatura Fernando Blanco, Iago Tabarés
será o número un por Ourense, mentres que Carme Adán
fará o propio por Pontevedra.
O
Consello Nacional do BNG
aprobou a última hora desta noite a proposta da Executiva
para o primeiro tramo das candidaturas. Fixoo cun respaldo
abrumadoramente maioritario, de igual xeito que aconteceu nas
asembleas comarcais.
O Consello Nacional proclamou esta
noite aos compañeiros e compañeiras que integrarán
o primeiro tramo das candidaturas do BNG ás eleccións
galegas de Outubro.
Fixoo cun respaldo do 85 por cento de
membros do organismo (74 votos a favor), e con só 7 votos
en contra e seis abstencións.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|