|
Contacto Novas......... Opinión Arquivo Ligazóns
|
Campaña
referndum *Galiza
Nova
continúa
a súa intensa campaña informativa contra o Tratado
C. Europeu
A
Coruña, 10 de febreiro 2005.
A organización das mocidades do BNG,
Galiza
Nova,
organiza próximo venres, 11 de febreiro, ás
21hras, o acto central na comarca da Coruña da campaña
que está a desenvolver contra o Tratado Constitucional
Europeu. O acto é un mitin para a mocidade que terá
lugar no IES Eusebio da Guarda (praza de Pontevedra) da Coruña
no que falarán: - María Vilariño Suárez
(Responsábel Local de Galiza Nova da Coruña e
Membro da Permanente Nacional de Galiza Nova) - Fran Rei
García (Responsábel Comarcal de Galiza Nova da
Coruña) - Ermitas Valencia Romar (Concelleira do BNG
no Concello da Coruña) - Xosé-Emilio Vicente
Caneda (Secretario Xeral de Galiza Nova) - Ana Pontón
Mondelo (Deputada do BNG no Parlamento Galego) Ademáis,
a seguir do acto, celebrarase unha cea-laconada de entroido para
militantes, simpatizantes e amig@s de Galiza Nova ás
22:30hras no restaurante A Peneira (xunto á igrexa dos
Franciscanos). En palabras de Xosé-Emilio Vicente
(Secretario
Xeral de Galiza Nova) “A cea
é un acto de convivencia entre todas e todos as/os que
están a traballar tanto nesta campaña, útil
para confraternizarmos e repor forzas para seguir a dicir de aquí
ao 20 de febreiro e mais despois NON ao Tratado Constitucional
Europeu”.
Alén do acto da Coruña
dúas novas comarcas organizan actos en contra da
Constitución Europea nesta fin de semana. Neste caso son
as asembleas comarcais da Montañae O Ribeiro. No caso do
Ribeiro, o acto terá lugar este sábado 12 ás
20 h.na Casa da Cultura de Rivadabia, onde intervirán Xosé
Fernández Ferreiro (deputado do BNG) e Xosé Emilio
Vicente (Secretario Xeral de GalizaNova). Na Montaña, a
charla celebrarase o domingo 13 ás 19:30 na na sala de
xuntas do edifício multiusos de Melide, onde intervirán
Francisco Rodriguez, deputado do BNG no Congreso, Xosé
Emilio Vicente (Secretario Xeral de Galiza Nova) e Soqui Cea,
membro da Executiva Nacional do BNG. Con estas novas charlas,
Galiza Nova xa ten realizado máis de 50 actos por todo o
país de denuncia do Tratado, entre charlas, festas, roldas
de prensa e outras, ademáis dunha intensa distribución
de propaganda por rúas, centros de ensino e locais de ocio
de Galiza. Galiza Nova manifesta que agarda unha intensa
mobilización da mocidade galega polo NON na xornada do 20
de febreiro.
<
voltar a
novas
|
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

E
ti, ainda non sabes o que vas votar?

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos
e caixas de aforros!

|