Arroutada!, as novas galegas na rede, informa:


Novas


Contacto
­
Novas..........
Opinión
Arquivo
Ligazóns

Google







Homenaxe a Marcos Cela

*
Multitudinaria homenaxe ao desaparecido concelleriro do BNG de Lugo Marcos Cela


Lugo, 11 de marzo 2005. Onte 10 de marzo de 2005, dia da clase obreira galega, faciase un ano da morte de Marcos Cela, para a súa homenaxe os seus compañeiros e compañeiras do Consello Local do BNG de Lugo organizaron un acto por todo o alto.

Nun salón de actos da Escola de Maxistério ateigado até os topes (unhas 200 persoas dentro do salón, sentadas ou de pé e outras tantas fora do salón) os seus compañeiros e compañeiras, familiares, amigos e amigas quixeron recordar ao desaparecido cun fermoso acto onde por medio das lembranzas dos seus amigos e amigas, compañeiros e compañeiras quixeron destacar as súas facetas en diversos ambitos, político, sindical, deportista, artistico pero sobre todo no humano.

Tamén se proxectou un vídeo con fotografías que recorrian a súa vida, e varios artistas amigos, o poeta Lois Dieguez e Mini e Mero entre outros interpretaron uns poemas e cancións respecivamente.

Ao remate do acto a súa muller, Cristina, quixo tamén dirixirse aos amigos, amigas compañeiros e
compañeiras que alí acudiran.

O acto finalizou coa interpretación do Himno do Antergo Reino de Galiza, peza moi apreciada polo desaparecido.





< voltar a novas







Participa! Desta volta gañamos nós!!!!




Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!