|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Beiras
demite como presidente do Consello Nacional do BNG e renuncia a
formar parte das candidaturas para as galegas
Redacción,
12 de abril 2005. Onte,
ás 19.30 horas da tarde, recibiuse na Sede Nacional do BNG
un escrito de Xosé Manuel Beiras dirixido ao portavoz
nacional e aos membros do Consello Nacional e através do
cal se comunicaba a súa decisión de non formar parte
das candidaturas do BNG ás eleccións galegas e, ao
mesmo tempo, a súa determinación de demitir como
presidente do Consello Nacional, organismo no que permanecerá
como un membro máis dos eleitos pola XI Asemblea Nacional
do BNG.
A
Executiva Nacional lamenta a decisión de Xosé Manuel
Beiras e ao mesmo tempo mostra o seu respeito perante ela.
Xosé
Manuel Beiras sempre foi un referente político para o
nacionalismo galego e continuará a selo no futuro con
independencia do posto que nel ocupe.
A Executiva Nacional
quer manifestar a súa convición de que Xosé
Manuel Beiras continuará a contribuír ao ascenso do
nacionalismo en Galiza e á consecución do cambio
galego que no mes de Outubro levará a Anxo Quintana a ser o
primeiro presidente nacionalista da historia deste país.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|