|
Publicidade Contacto Novas Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Emilio
Pérez Touriño queda no “ridículo
máis espantoso” tras a suspensión da
moción do “L” aprobada polo PSOE
Redacción,
13 de abril 2005. A suspensión xudicial do
acordo municipal sobre a denominación da cidade da Coruña,
apoiado só polo PSOE, veu a dar a razón, máis
unha vez, aos argumentos xurídicos defendidos, entre outras
organizacións, pola Mesa
pola Normalización Lingüística. O lóxico
sería agardar que agora se cumprise a lexislación,
mais é difícil agardar nada dun delincuente
reincidente como Francisco Vázquez, que desobedece os
tribunais, prevarica e malversa fondos públicos na súa
obsesión contra a lingua galega.
Esta decisión
xudicial deixou no ridículo máis espantoso aos
Ministros de Xustiza e Administracións Públicas, que
por razóns puramente partidarias saíron á
palestra para tentar estender a confusión social e apoiar a
notoria fraude de lei promovida por Francisco Vázquez. Mais
se alguén fica realmente “co cu ao ar” é
Emilio Pérez Touriño, feble candidato do PSOE á
Presidencia da Xunta, quen na súa actuación como reo
de Francisco Vázquez mesmo chegou a insultar como
“fundamentalistas” a aquelas persoas e organizacións
que defenden o cumprimento da lei e das sentenzas xudiciais no
referido á denominación oficial da cidade. Emilio
Pérez Touriño debería demostrar o seu talante
e pedir desculpas públicas polos seus excesos verbais.
A
Mesa continuará a defender o cumprimento das sentenzas
xudiciais e do consenso social sobre lingua, un consenso plasmado
no apoio unánime en 1983 á Lei de Normalización
Lingüística e no pasado mes de setembro ao Plano Xeral
de Normalización da Lingua Galega. Non se debería
rachar o consenso nunha cuestión tan importante para Galiza
simplemente por defender as fobias de Francisco Vázquez.
Con
certeza, resultaría esperpéntico que Touriño
se quixer candidatar á Presidencia da Xunta respaldando
incumprimentos da lexislación e propiciando a maior
agresión para a lingua galega desde a restauración
da democracia. Querer que os topónimos galegos teñan
unha forma oficial que vacile dependendo das maiorías
políticas do momento, como se está a falar agora,
ademais de ser unha tolería do punto de vista
administrativo, significaría negar o principio estatutario
de que o galego é a lingua propria da Galiza e,
consecuentemente, rebaixar o status da Galiza dentro das
comunidades autónomas do Estado español.
No
auto xudicial que suspende o acordo plenario alértase da
“rebeldía” do goberno municipal, a súa
negativa reiterada a acatar as sentenzas xudiciais. Desde A Mesa
entendemos que a Fiscalía debería tomar boa nota das
implicacións recollidas nese auto, por se puidesen ter
implicacións penais.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|